Vimos a Santi por primeira vez nunha plácida noite de verán na fermosa vila de Pontedeume. Santi estaba deitado, enrrugado no murete que separa o paseo da ría. Non tiña boa pinta, e a posibilidade dunha caída cara o mar fixo que chamase a nosa atención. Faleille e inmediatamente comprobamos que, efectivamente non estaba ben. Bebido e con cara de sorpresa devolveunos unha mirada triste. Tras unhas palabras de achegamento, convencémolo da perigosidade de estar deitado nese punto, polo que aceptou sentarse nun banco na outra beira do paseo.
Ese treito do camiño peonil non é moi concorrido polas noites, incluso en verán, polo que á pouca xente que apareceu por alí chamoulle a atención a escena. Din que a solidariedade é contaxiosa, e debe ser pois outra parella interesouse por Santi, e mesmo foron inmediatamente por un bocadillo para el. Mentres, Santi explicounos entre bágoas a súa desgrazada vida.
Santi é palentino, leva como cinco anos sen ver á súa nai. Ten un “compañeiro de fatigas” co que ese día discutira e atopábase só. E é que na soidade sempre hai un grao superior, aínda que pareza imposible. Lembro a Tom Hanks, na película “Náufrago”, derrotado pola perda de Wilson, aquel balón ó que lle pintara rostro humano para convertelo en único e inseparable compañeiro.
Santi non quixo ir cos efectivos de protección civil ao ambulatorio, preferiu durmir no seu saco na entrada do Instituto da vila coruñesa. Así vive…
Foi a primeira e última vez que vin a Santi… ata hai uns días.
Moito tiñamos pensado en que sería da súa vida e esta non variou nada. Camiñando cara o coche, e tras unha dura mañá, vino pola rúa en Vilalba. Pregunteille se era el, e de novo con eses ollos cargados da tristura propia dos que non teñen futuro, contestoume que si cun xesto de sorpresa. Recordeille a primeira vez que nos viramos e falei con el. Seguía igual, de vila en vila, de Don Simón en Don Simón. As veces co seu colega, que semella o “líder” do dúo, e outras só. Santi non se atreve a volver a casa, a pesar de que ás veces chama por teléfono á súa nai, único familiar con quen segue a ter un mínimo contacto.
Santi non puido ou non quixo (realmente non o sei) pernoctar na casa parroquial da capital chairega. Apura a última hora da tarde un trago de viño e unha tapa nun bar da localidade, cos poucos cartos que lle demos algúns veciños.
Non creo na esmola, non o fago porque estou convencido de que esta substitúe as competencias de quen si tería que preocuparse polas condicións dignas dos cidadáns, a administración. Ben sei que quen ten costume de dala non o fai por mal, todo o contrario, mais mentres se promove a caridade, esquecemos de esixir política social. Así penso con convencemento, aínda que con Santi éme imposible non botar man da carteira. Será porque con el traspasei a liña de ver un sen teito máis, a facelo cunha persoa cando menos con nome. Santis hai centos, milleiros, cada vez máis. Santi podo ser eu nuns anos ou ti, ou calquera…
Santi é o outro “anti-sistema” que por non importar, nin molesta. Non protesta, non escribe consignas nas redes sociais nin promove unha quedada para loitar por unhas condicións dignas como lle corresponderían.
Santi é a nosa conciencia con patas, aí está lembrándonos que neste país os ricos son cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres.
Chega o frío e con el chegará unha nova agachada nunha esquina dun xornal, de calquera provincia. Falará dun indixente que aparece morto con síntomas de hipotermia. Será Santi ou calquera outro, seremos todos.
Félix Jorquera




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



