A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas (AFAN) de Burela celebra unha cea-baile benéfica o vindeiro sábado 14 de novembro a partir das 22.30 horas no Hotel Nordés. Non é necesario ser socio ou socia para colaborar, só recoller as entradas no propio establecemento antes do xoves 12 de novembro por un prezo de 25 euros. O aforo é limitado. As reservas tamén se poden realizar a través dos teléfonos 982 575 143 ou 647 915 198. O menúe estará composto por xamón ibérico, pastel de mexillóns e algas con pilpil de cítricos, filloa de brandada de bacalao con pementos asados e salsa de marisco -como entrantes-; cachopo de merluza e marisco con milfolla de pataca e verduriña -de primeiro-; xarrete de tenreira meloso con castañas e cogomelos -de segundo- e sobremesa.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



