14 de novembro de 2015.- Ao abeiro da vixente Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, ven de constituirse a Asociación Cerqueiros Galegos, de ámbito autonómico, que agrupa a un colectivo de corenta armadores de Cerco galegos. A súa finalidade e representar e defender os intereses das persoas e entidades asociadas, así como colaborar con todos os organismos interesados en estudar e resolver problemas relacionados co sector da pesca de cerco, en defensa dunha pesquería de cerco sustentable e racional.
Xurde Cerqueiros Galegos como o instrumento común deste colectivo para avanzar nunha óptima xestión pesqueira dos seus buques, para o que colaborarán entre eles e tamén cos restantes actores da pesquería de Cerco, incluindo armadores, asociacións, confrarías e as diferentes Administración, sempre co obxectivo de lograr unha mellora na xestión.
Para isto Cerqueiros Galegos realizará as labores de información e asesoramento que necesiten os seus asociados, con relación constante cos Organismos Oficiáis, públicos ou privados, ou calquera outro relacionado coa pesquería do Cerco, sexan do ámbito que sexan, asesorando aos mesmos, presentando alegacións e observacións, e realizando as xestións necesarias que tendan á consecución dos obxectivos da asociación.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



