Foz, 6 de novembro de 2015. Da comezo unha nova edición do Campañazo na que participan 66 firmas comerciais asociadas. Desde a directiva do CCA de Foz lembran que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 19 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”. José Carlos Paleo engade que “falamos de euros en vales de compra para consumir nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto”.
O Campañazo terá lugar os días 6, 13, 20 e 27 de novembro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en premios.
O Centro Comercial Aberto de Foz, está a participar na campaña de Nadal de A Mariña Federación, na que sorteará outros 2.000 euros entre os clientes que estean as facer as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro 30 de novembro. O día 1 de decembro nun acto, que se celebrará ante notario, coñecerase o número da papeleta gañadora. A directiva do CCA lembra que “é moi importante que todas aquelas persoas que están a comprar no noso comercio desde o 15 de outubro ata finais de novembro garden as súas papeletas para despois comprobar si resultaron premiados. O 1 de decembro a través das redes sociais publicaremos o número gañador e tamén a través dos medios de comunicación”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



