Ribadeo, 13 de novembro de 2015.- Dende este luns 16, RadioVoz A Mariña emitirá unhas tertulias dende o CC Eroski abertas ao público.
Emitiranse os luns dende as 11:15 e ata as 12 e para a primeira contarase con: Jesús Pérez Moreda (Suso Villalba), Carlos Rodríguez Andina e Dores Fernández Abel (pdta da Asoc. Fco Lanza).
Os contertulios contrastaran puntos de vista sobre temas de actualidade como: a Deputación de Lugo ou as eleccións do 20 D.
A tertulia estará conducida por Félix Jorquera e habilitarase un espazo para que quen o desexe poda escoitar in situ o programa.