O Complexo Cultural Regal Xunqueira acollerá ata finais deste mes de novembro unha exposición de gravados dó betanceiro Gándara-Golpe. Licenciado en BB.AA. pola Universidade de Barcelona, “tropezo co gravado en Betanzos a finais dos oitenta. Vou dando chimpos de técnica en técnica e de ano en ano deica facer o Master de Obra Gráfica 2012-2013 na fundación CIEC. En Regal Xunqueira amoso un revoltixo de obras producidas entre o taller do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre en Salamanca; punta seca, augaforte, augatinta, chine collée, maneira negra, litografía, xilografía, serigrafía e técnicas aditivas. Distintos temas e diferentes xeitos. A idea é compartir con vos uns cantos contos”. O acto de inauguración terá lugar este xoves 5 de novembro ás oito do serán.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



