O Ministerio de Fomento, segundo publica este mércores o Boletín Oficial do Estado, formalizou o contrato de obras de rehabilitación do firme da estrada N-642, na provincia de Lugo. O orzamento de adxudicación ascende a 881.107 euros.
A estrada N-642 entre Barreiros e San Cibrao, na Mariña lucense, discorre polos termos municipais de Foz, Burela e Cervo.
A obra consiste na rehabilitación estrutural do firme en varios tramos da estrada N-642. Concretamente entre os puntos quilométricos (p.k.) 28,800 ao 36,500; 42,100 ao 42,350 e 47,400 ao 48,700.
O primeiro tramo obxecto desta actuación, entre os p.k. 28,800 ao 36,500, corresponde co núcleo de Mañente, variante de Foz e ao núcleo de Fazouro; o segundo tramo, entre os p.k. 42,100 ao 42,350, corresponde ao comezo da variante de Burela, e o terceiro tramo, entre os p.k. 47,400 ao 48,700, corresponde ao final da variante de Burela e o núcleo Daián.
Os traballos centraranse fundamentalmente no fresado e reposición de firme coa eliminación parcial e reposición das capas do firme existente que presentan deficiencias e deformacións nestes tramos.
Nestes tramos, ademais, selaranse gretas existentes no firme e serán repostas as marcas viarias.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



