Ribadeo, 13 de novembro de 2015.- O presidente do PP en Ribadeo e voceiro do Grupo Municipal do PP na localidade, Jesús López Penabad, interesouse este venres co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, pola residencia da terceira idade, aproveitando a visita do responsable do departamento da Xunta de Galicia á comarca.
López Penabad explica que o conselleiro confirmoulle a vontade da Xunta de achegar os 500.000 euros para o financiamento do proxecto, unha contía que non pode xustificar mentres o alcalde de Ribadeo, o nacionalista, Fernando Suárez, non remita os informes pendentes, polos que levan 15 meses agardando. O presidente dos populares di que Rey Varela explicoulle que, mentres isto non se produza, ten as mans atadas.
Así as cousas, o voceiro do PP na localidade trasladoulle ao conselleiro a necesidade de buscar unha solución para a achega dese diñeiro. López Penabad conclúe que tanto o Partido Popular de Ribadeo como a Xunta de Galicia teñen un compromiso claro con este proxecto e lamenta que o alcalde da localidade non estea a cumprir coa normativa correspondente, bloqueando a colaboración da administración autonómica.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



