Celebra estes días a 37 Semana Micolóxica a Asociación focega Os Bolouros, e tal feito trae á memoria a personalidade de quen foi o promotor e pioneiro, presidente, introductor e mestre da cultura micolóxica na bisbarra: noso amigo ,recén finado, Constantino Mariño, a quen a organización dedica a mesma. En 1970,, enviado por Extensión Agraria, chegara a Foz para por en marcha e atender a Axencia, de nova creación.
Aficionado que era estaba xa metido no movemento do rexurdir o interese polos cogumelos en Galicia, de contado comezou a organizar cursiños para a súa identificación e coñecemento, distribuindo publicacións sobre os temas, e recolleitar, unhas veces para improvisar pequenas exposicións e as mais organizar demostracións de cociña e degustacións en distintos lugares.
O pulo industrial e socio-económico que incidiu na Mariña trouxo a estas terras a persoas xa iniciadas ou con inquedanza e interese polos cogumelos. Así chegaron, entre outros, Alfredo San Martín,Domingo Pose,Vicente Sempere, Antonio Gumiel, Luis Vicente Monroy, etc.
Tamén persoas de Foz e vilas da bisbarra responderon á chamada, interesándose polo seu coñecemento, coma Vicente Rodriguez ,Xesús Blanco ,Lourenzo Molejón e membros de asociacións culturais e profesores de diversos centros de ensinanza.
En 1979 créase “Os Bolouros”, que se integra na Federación Galega, da que era principal promotor o vigués Antón Patiño Rigueira. Dende o primeiro día os Bolouros desenvolven unha importante actividade, incidindo no aspecto didáctico e por aquí pasaron micólogos moi destacados: o presidente e a vice-presidenta da Sociedade Galega de Hª Natural, don Luis Freire e Dña. Marisa Castro; o micólogo, don Mariano García Rollán; o Presidente da Sociedade de Baracaldo, don José A. Muñoz Vivas; o Dr. Enxeñeiro de Montes don Juan Villarino Urteaga e o naturalista don Leopoldo San Martín; os asturianos irmáns Sánchez Ocaña…
O ben gañado prestixo de Os Bolouros fai que a Federación lle encomende a Organización da IX Semana Micolóxica de Galicia (1987) con unha programación especial e a edición por Correos dun selo conmemorativo.
Póde decirse que con Mariño chegan as setas a Foz,; se é certo que xa as había eran, prácticamente, unhas descoñecidas. Garimosas lembranzas para quen foi o primeiro apóstolo.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



