A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza para este sábado 14 de novembro, unha nova edición do magosto. Os actos terán lugar no local social e comezarán a partir das 19.00 horas coa representación dunha obra de teatro, a cargo do grupo Falcatrueiros: “Clownvento”, integrada no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. De seguido, poderán degustar castañas (1 €/ración) acompañadas dun bocata de panceta (1,50 € socios e 2,50 € non socios). Igualmente, a asociación avisa de que “xa exposta a cesta de Nadal pola que podedes asinar (3 € cada firma) e que, un ano máis, os veciños de Trasbar xogaremos ao mesmo número na Lotaría de Nadal. Podes reservar (ou mercar) o teu décimo (núm. 90158)”.
Magosto e teatro en Trasbar
Magosto e teatro en Trasbar
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”