Merecida vitoria do Burela Pescados Rubén por 4-7 ante o Peñíscola Rehabmedic que se atopou cun partido moi completo dos mariñaos, especialmente na segunda parte. No primeiro periodo os levantinos adiantáronse pronto por mediación de Juan Carlos, minuto 4, aproveitando o gris inicio dos galegos que reaccionaron e lograron o empate por mediación de Chano. O 1-1 reflectía a igualdade da contenda aínda que os locais tiñan maior posesión de balón pero sen xerar excesivo perigo a un Burela que non atopaba a súa inspiración ofensiva.
Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o escenario variou sensiblemente. Tras un primeiro arreón do Peñíscola que resultou infrutuoso, o Burela soltou o segundo zarpazo con firma de Chano que estableceu o 1-2. O tanto do andaluz deixou tocada a nave local e reforzou a confianza laranxa que ampliou a súa renda (1-3) nunha gran combinación que culminou Iago Míguez, minuto 28. O encontro aumentaba os seus decibelios, expulsión de Iago Rodríguez tras unha segunda tarxeta amarela (m.28) e tras un primeiro intento errado o Peñíscola aproveitaba a superioridade numérica para marcar o 2-3 por mediación de Eric Martel, minuto 29. Tras recuperar a igualdade numérica o Burela Pescados Rubén respondeu cun contragolpe letal que Antoñito rematou para volver marcar distancias (2-4) e os locais apostaron polo porteiro xogador. O Burela defendeu con seguridade e aproveitou a súa eficacia para romper o partido definitivamente con dous goles de Chino e outro de Iago Míguez (3-7). O Peñíscola intentouno ata o final e logrou maquillar o marcador cos goles de Míchel e Javi Alonso que situaron o 4-7 definitivo.
Ficha técnica
Peñíscola Rehabmedic: Iván, Yeray, Verdejo, Josiko, Juan Carlos -cinco inicial- Asensio, Carlitos, Míchel, Eric Martel, Javi Alonso, Javi Alonso, Gonzalo.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Bellvert, Chino, Chano, Antoñito -cinco inicial- Iago Míguez, Iago Rodríguez, Carlitos.
Goles: 1-0, m.4, Juan Carlos; 1-1, m.11, Chano; 1-2, m.27, Chano; 1-3, m.28, Iago Míguez; 2-3, m.29, Eric Martell; 2-4, m.33, Antoñito; 2-5, m.33, Chino; 2-6; m.36, Chino; 2-7, m.37, Iago Míguez; 3-7, m.37, Míchel; 4-7, m.40, Javi Alonso.
Árbitros: García Doas, Moreno Millán. Mostraron cartón vermello por dobre amarelo a Iago Rodríguez e cartón a Iago Míguez de Burela Pescados Rubén. Cartón amarelo a Eric Martell de Peñíscola Rehabmedic.
Incidencias: Partido correspondente á novena xornada da Primeira División da LNFS disputado no Municipal de Peñíscola.
*Foto: Prensa Peñíscola Rehabmedic.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
