Celeiro de Mariñaos, 11 de novembro de 2015.- O proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo en colaboración co Colectivo Cultural Ollomao trae a Celeiro de Mariñaos a obra “A gran final” do grupo Metátese Teatro de Palas de Rei.
A función terá lugar o domingo 15 de novembro ás 20.00h. nas antigas escolas, cun coste de 2€ por persoa. A peza, dirixida a todos os públicos, mistura o humor e a retranca abordando a temática do deporte profesional, a competición, as grandes estrelas, fracasos e soños.
Esta actividade encóntrase dentro do ciclo de actuacións teatrais programado polo colectivo barreirense para o mes de novembro, tras a estrea da peza “Noite de Reis” do grupo de teatro de Ollomao. Coa finalidade de descentralizar as actividades que se organizan, as obras de teatro son levadas a diferentes parroquias do Concello. Na vindeira semana, a cita será no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros cunha función de Chimchiribote Marionetas para público infantil.