Lugo 7 de novembro de 2015.- O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, pediu este sábado que o Goberno local de Viveiro atenda á petición dos mozos e que, -unha vez finalizada a cesión por parte da Xunta-, habilite unha parte do antigo centro comarcal para a creación dun viveiro de empresas que permitirá crear na localidade “máis riqueza e máis futuro”. Vega defende a necesidade de que saia cara adiante esta aposta tanto da agrupación local de NN.XX. como do PP municipal á que define como “un proxecto vital para que os mozos se establezan en Viveiro e inicien aquí o seu futuro”.
O presidente provincial da formación política xuvenil explicou que “tanto NN.XX. como o Partido Popular temos o mesmo horizonte, o de pensar nos mozos e o de crearlles oportunidades e emprego”. Así, esta mañá tanto Novas Xeracións como o Partido Popular avanzaron na súa proposta de que se cree un viveiro de empresas, o que se convertería “nun valor engadido para o concello” e, tendo en conta a maiores, que non existe ningún centro deste tipo na comarca.
O presidente local de Novas Xeracións, Antonio Lage, xa reivindicara esta necesidade “na que hoxe insistimos, co reforzo dos mozos a nivel provincial, para evitar que a xuventude se marche de Viveiro. Son necesarios proxectos futuros, que xeren riqueza e emprego, e que eviten a fuga de cerebros da localidade”. Lage explicou que este viveiro de empresas “non só se convertería en zonas para que os emprendedores mozos iniciasen os seus proxectos, senón tamén nun centro de información e asesoramento, con charlas específicas”. O presidente local asegura que tras darse a coñecer esta iniciativa “recibín chamadas de universidades, confederacións … brindándonos apoio. Veno como unha aposta frutífera a todos os niveis”.
Moción
No acto celebrado este sábado diante do antigo centro comarcal, ademais de Daniel Vega e Antonio Lage, tamén participaron o coordinador comarcal de Novas Xeracións, Roberto Fernández, así coma o voceiro do PP Local, Antonio Bouza, e membros do grupo municipal do Partido Popular.
Bouza explicou que esta aposta de Novas Xeracións é compartida polo grupo municipal do Partido Popular que a integrou no seu programa electoral. Neste senso, canalizará esta petición a través dunha moción que levarán ao próximo pleno municipal e na que instan ao Goberno local que, unha vez finalice o traspaso do edificio ao concello, a alcaldesa inicie as xestións necesarias para que “unha parte deste edificio se poda converter nun viveiro de empresas”. O popular aclara que non é necesario todo o inmoble para promover esta iniciativa, senón que serían suficientes con cinco ou seis locais e “mesmo a parte baixa xa estaría acondicionada, polo que o custo sería menor”. Bouza engadiu que “é necesario que se xere riqueza e emprego, e que se asenten empresarios”, en definitiva, “traballamos para o futuro de Viveiro”.
Conferencias
O presidente de Novas Xeracións de Viveiro anunciou tamén que en continuidade coa liña de traballo dirixida a incentivar a economía local, dende a formación xuvenil tamén se están a organizar unha serie de conferencias e a primeira delas celebrarase o próximo venres 13 de novembro. Neste encontro participarán, a Asociación de Xóvenes Empresarios, a Asociación de Emprendedores de Galicia e unha iniciativa empresarial, que acadou recoñecemento, de criadeiro de roedores ubicada nas Pontes.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



