A Mariña, 11 de novembro de 2015. Non é unha falacia dicir que cruzar a comarca da Mariña desde Ribadeo a Viveiro leva na mellor da circunstancias máis dunha hora, o mesmo que ir a Lugo sendo a distancia moito menor. Intentar moverse en ferrocarril é tarefa imposíbel pola ausencia de horarios axeitados e resulta practicamente imposíbel encaixar horarios laborais cos horarios do transporte público existente a calquera punto da comarca xa sexa interior ou costeiro. A ausencia de infraestruturas dignas para conectar entre si os concellos da comarca e co exterior, supón un atranco ao desenvolvemento da comarca que aínda así, e a pesar da crise económica, mantén o estatus de motor económico da provincia co 30% do PIB provincial con sectores económicos tan importantes como o pesqueiro, o agro-gandeiro, o forestal, o comercio e turismo ou a fabricación de aluminio pola multinacional ALCOA.
CARAVANA DE COCHES DESDE O DIQUE NORTE DE MORÁS ATE A CRUZ DO LOBO PARA RECLAMAR FUTURO PARA A MARIÑA
A portavoz comarcal do BNG, Ana Ermida Igrexas, chamou á sociedade mariñá máis activa a participar nunha nova reivindicación cunha caravana de coches que sairá o próximo sábado 14 ás 10:30 do dique norte de Morás para demandar solucións sobre a situación das estradas de competencia estatal N642 e N634, solución definitiva aos peches continuados na A8 e ampliación do estudo construtivo a todo o recorrido da autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao.
A formación nacionalista tamén chama a atención sobre os atrasos no remate da VAP da costa entre San Cibrao e Ferrol, coa variante de Viveiro sen solución definitiva e cun tramo en obras entre San Cibrao e Celeiro que non terá continuación nin a oriente nin a occidente, polo que os compromisos do anterior conselleiro de infraestruturas para ter rematada toda a obra en 2017 son papel mollado.
Igualmente, a formación nacionalista sinala “o engano ao que todos os anos somete o goberno do Estado ás veciñas e veciños da comarca con promesas e consignacións orzamentarias que nunca chegan a executarse, coma os 800.000 euros que se prevían investir na estrada da costa no 2015 e polos que aínda estamos agardando”.
O BNG non esquece outras demandas históricas na comarca como é a liberación para usos comerciais do dique norte de Morás, rematar co saqueo dos recursos procedentes de ingresos por tráfico portuario no peirao de San Cibrao para que estes revertan na comarca e demandar a transferencia a Portos de Galiza dos portos galegos de competencia estatal.
ENCONTRO CO TECIDO SOCIOECONÓMICO DA COMARCA
A portavoz comarcal nacionalista explicou que “estamos falando de reivindicacións históricas na comarca, algunha delas con compromisos incumpridos reiteradamente que coartan as posibilidades de desenvolvemento dunha comarca puxante en termos económicos a pesar das eivas de comunicación existentes.” Neste sentido, para dar continuidade a un encontro celebrado en decembro de 2014 co tecido socioeconómico da comarca no que quedaron claras as coincidencias nas demandas sobre a necesidade de rematar as infraestruturas pendentes, organízase un novo encontro ás 13:00 no Restaurante O Asador de Barreiros, ao que foron convidados os principais axentes económicos e sociais da comarca e aberto a quen teña interese en coñecer de primeira man as propostas nacionalistas e intercambiar opinións de cara a trasladar as revindicacións a onde sexa preciso.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



