A Mariña, 14 de novembro de 2015.- A deputada nacionalista Rosana Pérez, veu dar conta diante dos principais representantes do tecido socioeconómico da comarca do traballo realizado polo BNG nas Cortes Xerais dos Estado desde que este ten representación nesta institución. A portavoz nacionalista, acompañada por representantes orgánicos e institucionais da formación nacionalista na comarca, apresentou un balance no que quedou en evidencia a coherencia na defensa dos intereses mariñaos e galegos por parte da formación nacionalista mentres outros, PP e PSOE, en función da súa posición gobernante ou de oposición no goberno español abandonaban as reclamacións históricas da comarca en materia de infraestruturas.
O tecido socioeconómico da comarca volveu poñer sobre a mesa as problemáticas existentes derivadas de políticas fixadas, xa for en Europa como e Madrid, que non apoian e mesmo coartan as posibilidades de desenvolvemento de sectores tan importantes na comarca como a pesca ou o sector agrogandeiro, “non existe unha aposta decidida por rachar as dinámicas de desmantelamento destes sectores executada pola UE, nin por parte do goberno do Estado nin do propio goberno galego, mais preocupado por tapar a inacción do goberno español que por defender dous dos sectores produtivos mais importantes da Mariña e de Galiza”, afirmou a responsábel comarcal Ana Ermida Igrexas.
Segundo a portavoz comarcal nacionalista “os sectores forestal, comercial e turístico volveron reclamar solucións para o atraso histórico en materia de infraestruturas por estrada, ferrocarril e portuario”. “Non é de recibo que se sigan rindo de nós mentres incumpren os compromisos adquiridos coa VAP da costa ate Ferrol como o fixo fai uns días a Conselleira de Infraestruturas botando balóns fora coa variante de Viveiro, coa autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao, cun rebacheo por tramos da N642, ou coa autovía A8 que bota mais tempo pechada que aberta no Fiouco. “Na Mariña levábamos mais de 40 anos agardando a que se abrira ao completo a A8, agardamos non ter que outros 40 para que rematen as conexións do tramo de competencia estatal Barreiros – San Cibrao e o galego San Cibrao – Ferrol”, sentenciou Ana Ermida.
Para a nacionalista vemos ano tras ano como os recursos recadados pola Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao no peirao de San Cibrao desaparecen e as promesas duns e doutros para abrir ao tráfico comercial o dique norte de Moras hoxe sen uso non se cumpren, “pouco importa o que se prometa cando se está na oposición, importa o que se fai no goberno e ate agora nin PSOE nin PP teñen autoridade moral nin credibilidade para defender esta infraestrutura que o bloque considera estratéxica desde sempre”, afirmou Ermida.
Estamos pois ante o reto de conseguir unidade na defensa dos intereses da comarca, sentámonos co tecido socioeconómico fai un ano e volvémolo facer hoxe porque son os axentes dinamizadores do emprego e a economía da comarca, mais tamén os principais prexudicados, xunto con toda a sociedade mariñá, dos incumprimentos que vimos sufrindo desde fai décadas por parte de gobernos tanto na Xunta como no Estado.
“Ao Bloque ninguén lle pode negar a coherencia de manter a mesma liña política desde que ten representación institucional nas Cortes do Estado e queremos seguir facéndoo no futuro, nesta ocasión dentro da coalición Nós – Candidatura Galega,” rematou Ana Ermida.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



