Foz, 18 de novembro de 2015.- O Servizo de Intervención do Concello de Foz, nun informe con número de expediente 917/2015 cuestiona a legalidade dos pagos aprobados polo Grupo de Goberno Local en beneficio da empresa mercantil IBEROELECTRA 3000 SL e que ascenden unha contía de 29.004,14 euros.
O informe de Intervención afirma que “as facturas superan con creces o importe de 18.000,00 € non seguíndose ningún procedemento de adxudicación” e continúa indicando que “existen pendentes de pago e sen devolver facturas de FENOSA, e ademais existen nestes momentos facturando ao Concello polo mesmo concepto como mínimo dúas empresas, Iberolectra e Fenosa”. Na mesma liña desde Intervención destácase que se está a proceder ao “fraccionamento de facturas”, e por conseguinte incumprindo o disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
O Bloque Nacionalista Galego considera que o grupo de goberno está a trocear os contratos, a fin de diminuír a contía dos mesmos, eludindo así os requisitos de publicidade e os relativos ao procedemento de adxudicación que se establecen no artigo 86.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos. “Non é só que o grupo de goberno se poida estar situando fóra da lei, como recolle o Informe de Intervención, senón que o grupo de goberno está xerando un serio prexuízo ao interese xeral ao non dar posibilidade a contratar a outras empresas. As nacionalistas non imos dar por bo ningún contrato que se adxudique pola vía do dedo e aquí estamos diante dun caso evidente de dedazo”, afirman Teresa Rego e Lorena Seivane.
“A equipa de goberno debe explicarnos por que motivos adxudica este servizo a unha empresa e non a outra, cal é a razón pola que por este mesmo servizo hai dúas empresas que están facturando ao Concello cando isto leva necesariamente a aumentar os gastos de luz do Concello, como explica que non teña sacado o servizo de subministro a concurso no seu conxunto polo aforro e se ten pensado sacalo e tamén por que motivo o grupo de Goberno procedeu a aprobar estes pagos coñecendo a advertencia de ilegalidade que se tiña formulado polo organismo fiscalizador competente, isto é por intervención” preguntan desde a organización nacionalista que instan a que o Alcalde dea a cara neste tema.
O Bloque Nacionalista Galego solicita tamén que desde a Alcaldía se aclare un suposto referido neste informe que indica que o programa contable do Concello para o exercicio 2015 non está adaptado. “O programa contable do Concello para o exercicio 2015, consecuencia do cambio existente na contabilidade municipal, non está adaptado e non permite realizar os novos asentos relacionados co grupo 8 e 9 do Plan, do mesmo xeito atópanse moitas deficiencias en relación a nova contabilización”. O BNG quere saber por que razóns se chegou a esta situación, xa que non parece normal que unha situación así se alongue cando menos durante seis meses e se o problema que indica Intervención se ten solucionado a data de hoxe.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



