Foz, 11 de novembro de 2015.- O Concello de Foz retirou este mércores a materia orgánica putrefacta que estaba causando fortes cheiros e riscos sanitarios nun baixo da Rúa da Ribeira, na vila de Foz. Ademais, procedeuse á desinfección do local. O Concello, tal e como informou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, solicitará o abono dos gastos da limpeza do local, no centro dunha disputa entre o arrendatario e o propietario. Para a intervención foi necesaria a contratación dunha empresa de limpeza e os servizos da Policía Local.
“Hoxe procedeuse á limpeza por parte do Concello dun local de hostalaría onde existe un problema civil entre o arrendatario e o propietario que estaba causando un problema sanitario, sobre todo aos veciños do edificio, que estaban soportando cheiros insoportables e, por outro lado, as posibles infeccións que iso podería estar xerando”, explicou o rexedor municipal.
“Despois de varios días de intentar chegar a un acordo con ámbalas dúas partes, co arrendatario e o propietario, e tratando de cumprir estritamente a legalidade dunha propiedade privada, hoxe conseguimos acceder ao local por mediación da Policía Local e grazas a autorización das dúas persoas afectadas. Procedeuse á retirada de toda a materia orgánica, que estaba xa en alta fase de putrefacción, e á desinfección de local. O Concello procederá a solicitar a quen corresponda o abono deses gastos”, expuxo Castiñeira.
“Despois de varias semanas o Concello e a Policía Local conseguiu poñer de acordo ás dúas partes e solucionar un problema importante para a comunidade. O Concello finalmente resolve un problema que estaba sendo grave dende o punto de vista sanitario”, recalcou o rexedor.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



