![]()
Lorena Seivane García e María Teresa Rego Cabanas.- Casualmente (ou non), estes días saen a miúdo na prensa novas sobre a situación do Concello de Foz coa concesionaria Gestagua. Pode ser que, coma nós, non todos os veciños e veciñas estiveran ao corrente das incongruencias que xiran ao redor deste tema. Vamos, entón, poñernos en antecedentes.
No ano 1992 o Concello adxudica a xestión da auga e do lixo a esta empresa, un contrato que se firma por cinco anos e que se prorroga até 2007, que se pon a funcionar a maldita depuradora do muelle. Foi entón cando o Concello pretendía ampliarlle o contrato a Gestagua para que tamén asumira o servizo da depuración. Luis, o interventor que daquela había na Administración Local e que, eventualmente, tamén está hoxe repara esta operación advertindo ao goberno do señor Rivera que está incumprindo a lei, xa que este sería un novo contrato e debería facerse, entón, por medio dunha adxudicación pública. A oposición, BNG e PP, votan en contra desta ampliación de feito facendo caso das recomendacións de intervención. Pero é obvio que a cordura durou pouco, xa que, curiosamente, pouco despois o Partido Popular cambia o sentido do seu voto e permite que esta ilegalidade se execute e Gestagua, sen publicidade, asine un novo contrato por dez anos máis.
Desde entón e até 2017 a concesionaria da auga cóbralle ao Concello un prezo prefixado no contrato e unha suba anual que se calcula a partires dunhas táboas de revalorización, agora ilegais. A partires do ano 2008 estas subas deixan de abonarse e a finais do ano pasado a débeda ascende a uns 800.000 €, unha débeda, que de seguir así ao fin do contrato suporía case un millón e medio de euros.
A semana pasada convócase unha Xunta de Portavoces para tratar de solucionar esto. O que propón o alcalde é cesar o contrato de mutuo acordo para así evitar que siga incrementándose a débeda e adxudicar de novo as xestións da auga, do lixo e da depuración a unha nova empresa privada, que sería quen asumiría a débeda que o Concello ten con Gestagua. Esta decisión debe aprobarse en Pleno.
O BNG de Foz reúnese onte en Consello Local para tratar este e outros temas que nos preocupan e xorden varias cuestións: por que o alcalde culpa á oposición desta débeda? Cumpre Gestagua a súa parte do contrato? Quen fixa o prezo que o Concello lle paga a Gestagua polos seus servizos? É casualidade que este tema salga xusto agora? É máis caro municipalizar ou privatizar?
E de novo quedamos abraiadas ante tantas respostas vergoñentas que se seguen defendendo a capa e espada.
A oposición, e falamos do BNG, vota en contra de aplicar a suba na taxa da auga aos veciños e veciñas de Foz porque favorece intereses privados, porque intervención se mantén firme en canto ás ilegalidades que rodean este contrato e porque seguimos crendo que é bochornoso que quen fixe o prezo da concesionaria sexa a propia concesionaria.
Cando Gestagua firma o contrato comprométese a realizar unha serie de obras, melloras e mantemento no sistema de saneamento do noso Concello. Están feitas? Quen as fixo? Cando? Por que importe? E se as fixo, onde están os certificados desas execucións?
Gestagua, en contra do que recomenda a lei, é quen di o que custan os seus servizos e as subas anuais. Non hai ningún informe técnico municipal que diga se ese prezo é ridículo, correcto ou excesivo.
Por que hai tanta présa en rematar agora, á falla de dous anos, o contrato? É casual que vaia este tema a Pleno xusto ó mes seguinte de aprobarse a ubicación da nova depuradora? Nós non sabemos si é coincidencia, mais sospeitoso si que parece.
O BNG de Foz sempre se vai manter firme na defensa dunha xestión pública, que implicaría un servizo máis barato e de mellor calidade para toda a nosa veciñanza, para o servizo da auga que consideramos como un ben de interese xeral.
Lorena Seivane García.
María Teresa Rego Cabanas.
Concelleiras BNG Foz.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



