Lugo, 3 de novembro de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, esíxelle ao presidente da institución, Darío Campos, que dea explicacións públicas despois de coñecer a través dos
medios de comunicación a existencia dunha serie de denuncias de veciños por supostas irregularidades nas obras de construción da vivenda e do muro de peche da casa do socialista.
O vicevoceiro dos populares, Carlos Armesto, considera “necesario” e “urxente” que o presidente da Deputación de Lugo aclare “todas e cada unha das incertezas existentes” tras que se puxeran de relevo múltiples denuncias de veciños sobre presuntas irregularidades urbanísticas nas que puido incorrer o socialista.
Carlos Armesto defende que “quen preside unha institución non pode xerar este tipo de dúbidas e debe disipar de maneira inmediata calquera incerteza existente ao respecto”. “A existencia de dúbidas sobre o seu proceder e a posibilidade de aproveitarse dun cargo para non cumprir coa normativa existente dana de xeito directo a imaxe da Deputación e do seu propio presidente”, matiza Armesto.
Polo tanto, “e antepoñendo sempre a presunción de inocencia e o libre traballo da Xustiza, o presidente deberá dar explicacións ao respecto e esclarecer cal é a realidade desta situación” e no seu caso e, de ser necesario, “asumir as responsabilidades oportunas”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



