Cando un can ladra pola noite, todolos cans do entorno ladran o mesmo tempo con el: latrante uno latrant confesim omnes, di o refrán.
Sospeito que debe de haber eleccións próximamente porque as hostes do PP, o mesmiño cos cans, puxéronse todas en pé de guerra contra os promotores da nova residencia de Ribadeo. Empezaron os cans de palleiro do PP de Ribadeo, seguidos logo polos ladridos do gran mastín provincial, o Sr. Balseiro. E, pra rematar a sinfonía canina, úneselles agora ó presidente de Novas Xeracións do PP de Lugo, o “alevín” Daniel Vega. Sae a ouvear contra o alcalde o os demais promotores da residencia. A imaxe, xa rematada e esbelta, do edificio da nova residencia puxo nerviosos ós peperos, que non resisten a afronta que pra eles representa haber estado contra dos intereses do pobo de Ribadeo.
As súas armas, as de sempre. A mentira descarada. Como vos políticos. Acusar ó alcalde e ó seu goberno de non facer o seu traballo coa residencia. Pra que é, pregunto eu xa que logo, o edificio levantado da rúa Paco Lanza, Sr. Vega?
Afirma o Sr. Vega que a Xunta non só non pon obstáculos, senón que cre na necesidade dunha residencia pra maiores no noso concello. Vaia, home, e pra iso tanta loita e tanto traballo. Alégrame coñecer o cambio de actitude da Xunta. Pena non sabelo antes, pois, houbéramos aforrado moito traballo. Pro tanto eu como todos os membros da Comisión pro Residencia somos testemuñas vivas da postura de rexeitamento á residencia que mantiña a Conselleira de Benestar cando se lle expuxo en Santiago esta urxente necesidade. E si Vde. non o cre, non ten mais ca preguntarlle ó Sr. Valín, que asistiu con todos a esas xuntanzas representando a aquel PP local que hoxe non hai.
De onde saca Vde., Sr. Vega, que o alcalde pretende privatizar a residencia? Quen lle contou esa troula? Quen leva a batuta, pregunto, das privatizacións dos servizos públicos en Galicia e aínda en España? O PSOE ou o BNG, Sr. Vega
De verdade, cre Vde. dixeribles pola xente as súas malévolas invencións de que as prazas da residencia están destinadas ás rendas máis altas? Afirmacións como estas son a proba palpable do seu nereviosismo e carencia de argumentos para imponer á xente as súas mentiras difamadoras.
Pode Vde. explicarlles ós ribadenses pra quen serían as 40 prazas concertadas que Vde. pide? Prós veciños de Ribadeo ou pra toda Galicia. Agardo a súa desposta.
Acusa este “alevín” do PP ós promotores da residencia, alcalde e Comisión, de rexeitar que a residencia fose pra todos e querela so para uns privilexiados. Pódese ter tanta cara para contar tamañas mentiras e quedarse tan fresco? Pro non se quedaron aquí as súas mentiras do PP, senón que fixou o prezo dás prazas futuras: 1.400 euros, nada menos. E avala esa mentira, disque con datos “constatables”. Pode amosalos? E non dubida en cualificar a súa actitude de “postura de altas miras (se refire á do PP) para solucionar un problema que está enquistado pola incompetencia do BNG e do seu alcalde”.
Pro hai un punto ó final do seu panfleto no que coincido con Vde. e aplaudo o seu arrepentido cambio de postura. “Si á residencia con maiúsculas, si á residencia para todos os nosos maiores e si á residencia para Ribadeo”. Menos mal que nisto, si, estamos de acordo, aínda que Vdes. nada fixesen pola residencia, salvo poñer trancas nas rodas pra acadar este obxectivo.
Pro si Vde. pensa, Sr. Vega, que o mellor camiño pra conseguir algo pro pobo é o engano e a mentira, alá Vde. O noso camiño foi outro: o do consenso e o da concordia entre todos. Antepoñer os intereses do pobo ós interes dos partidos. Un xesto de grandeza por parte dos outros portavoces que Vde., no seu servilismo ó partido, non poderá entender. E aí está o resultado.
E si as miñas “homilías” lle fan dano, Sr. Vega, non veña escoitalas a esta igrexa, que eu non o invitei. Porque estas “homilías” so están dirixidas “ás persoas de boa fe”.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



