Ribadeo, 13 de novembro de 2015.- O parque de San Francisco de Ribadeo terá durante 23 días, entre o 18 de decembro e o 10 de xaneiro, unha pista de xeo natural, unha aposta do Concello e da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para dinamizar o comercio ribadense no Nadal. Calquera persoa que se achegue a Ribadeo poderá patinar durante 45 minutos a un prezo de 6 euros, que se quedarán en 3 euros se previamente fixeron compras no comercio asociado da vila por un importe mínimo de 20 euros. Na mesma pista prestaránselles os patíns aos usuarios. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Ana Martínez, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
O rexedor dixo na presentación, que tivo lugar no salón de plenos do Concello, que “é un traballo que levamos conxuntamente no Concello de Ribadeo, dende as áreas de Comercio, Desenvolvemento Local ou Xuventude, e a Asociación de Comerciantes de Ribadeo. Sempre temos moi claro o noso obxectivo de apoiar a un dos sectores máis potentes do noso municipio, que xera moita vida e moito traballo, como é o sector dos servizos. Por iso queremos poñer en marcha de cara ao Nadal, para que Ribadeo siga sendo un referente, xa non só nunha ampla comarca da Mariña ou do Occidente asturiano, senón entre A Coruña e Oviedo, unha iniciativa lúdica, de lecer e, ao mesmo tempo, unha iniciativa que persiga atraer xente a Ribadeo, máis da que xa atrae de por si”. Suárez Barcia explicou que “se trata dunha iniciativa transversal, pensada para todos os públicos, que non é máis nin menos que unha pista de xeo natural, durante 23 días, dende o 18 de decembro ata o 10 de xaneiro. Queremos facelo para que haxa sempre un reclamo para vir a Ribadeo, un reclamo para pasear, para mercar, pero tamén para gozar, nenos, rapaces e adultos tamén. Non é cuestión infantil, é transversal, rapaces de 17 anos, nenos de 9 ano ou adultos de 45, que podan estar en sesións de 45 minutos nunha pista de xeo natural”.
Traer a pista de xeo a Ribadeo, afirmou o alcalde, “ten un custo elevado pero para iso por parte do Concello como tamén de Acisa, que pon o seu grao de area, contamos que unha gran parte desa inversión se poda recuperar coa venda das entradas. O Concello vai establecer un prezo de 6 euros por cada sesión, sen prexuízo dun acordo que fixemos con Acisa para precisamente dinamizar o comercio, e que a xente que merque no comercio local poda ter bonificación para entrar nesta pista de xeo”. A bonificación para compradores nos comercios de Acisa permitirá unha entrada a metade de prezo, a tres euros.
“Queremos polo tanto que nesta zona de poboación, tanto do Occidente de Asturias como da Mariña, collendo toda A Mariña e todo Occidente, sexa durante estes 23 días un reclamo obrigado vir a Ribadeo mercar, pasalo ben e que siga sendo a capital comarcal”, engadiu Fernando Suárez Barcia.
Pola súa banda, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, manifestou que “grazas a traer este Nadal a pista de xeo a Ribadeo creo que estamos marcando a Ribadeo coma un referente na Mariña e no Occidente asturiano. Penso que temos que empezar a traer cousas que sexan como máis importantes, que teñan máis tirón. Xa todos estes anos houbo moitas actividades, tivemos distintas propostas que nos foron saíndo moi ben. Agora temos que ir máis ao grande, facendo que Ribadeo sexa o punto de reunión de toda a zona”.
Iriarte contou que “chegamos a un acordo co Concello para que toda aquela persoa que veña a Ribadeo, que veña de compras, que merque nos locais asociados a Acisa cunha compra mínima de só 20 euros terá unha bonificación do 50% na entrada á pista de xeo, polo que o prezo lle quedaría en 3 euros. Son 45 minutos de goce na pista de xeo natural. Os que acudan disporán de patíns gratuitamente”.
O presidente de Acisa destacou “o esforzo económico que realiza o Concello para contar con esta pista de xeo en Ribadeo. Acisa tamén realiza un esforzo importante, pero menor que o do Concello”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



