Os dous tantos de Nacho daban a vitoria ó Ordes ante o Ribadeo (2-0). Os locais marcaban o primeiro a poucos minutos do final da primeira dende os 11 metros nun penalti protestado polos visitantes que, ademais, supuxo a expulsión do central Álex.
Na segunda metade, cun home menos, os celestes tiveron algunha oportunidade despois do lanzamento ao largueiro da primeira; pero que tampouco chegaron a rematar.
Tras un partido disputado no medio do campo debido á importancia dos 3 puntos en xogo, foron os locais os que se fixeron co triunfo e lograron sumar para saír da cola da clasificación. Agora os mariñáns, con dúas derrotas consecutivas, ocupan o seu lugar con 9 puntos.
A vindeira xornada recibe ó Verín, décimo quinto clasificado, a tan só 2 puntos dos celestes.