3 de outubro de 2015.- En relación ás informacións publicadas sobre a aplicación da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (Reforma Local) en materia de traspaso de competencias, que actualmente prestan as Entidades Locais, relativas á atención primaria da saúde, servizos sociais e educación, e que poderían ser asumidas polas Comunidades Autónomas, o Ministerio de Facenda e Administracións aclara que ditas competencias estarán supeditadas a un proceso de reordenación competencial que necesariamente queda vinculado a un novo sistema de financiamento autonómico e das Facendas Locais.
Polo tanto, mentres non sexan aprobadas as normas reguladoras do novo sistema de financiamento autonómico e local, as competencias referidas na citada Lei, en canto á atención primaria da saúde, servizos sociais e educación, deberán continuar sendo prestadas polos Concellos.
Esta é a previsión establecida na aplicación do réxime transitorio da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, cuxos criterios se recollen na nota explicativa da Reforma Local publicada por este Ministerio o pasado 17 de setembro: http://www.seap.minhap.gob.es/dms/es/web/areas/politica_local/regimen_juridico/NT-explicat-REFORMA-LOCAL-17-09-15_rem-Inform-tica_329471-V2.pdf






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



