CERVO, 11 DE NOVEMBRO. Os socialistas de Cervo non apoiaron a proposta orzamentaria para 2016 presentada no pleno do pasado luns polo equipo de goberno, pois consideran que “son unha contas que seguen sen ser instrumento fundamental de redistribución dos recursos entre os veciños, que se esquecen de calquer política social que axude a combatir a situación económica pola que atravesan a día de hoxe moitas familias cervenses e obvian políticas básicas para reactivar a economía local e afrontar o desemprego no noso municipio”.
Neste senso, dende o Grupo Municipal Socialista, aseguran que “non podemos consentir a liña continuísta dos últimos anos. Non é lóxico que o 82% do orzamento se destine aos capítulos de persoal e gastos correntes, e separando os epígrafes de pasivos financeiros, só se reserve o 12% dos mesmos, aos capítulos de inversións reais”.
Precisamente, ante este asunto “a pesares de incrementarse a partida de inversións un 199%, de 300.000 euros a 929.000 euros, o aumento con respecto ao ano pasado só supón un 2% máis porque segue sendo moi raquítica en relación ao total dos presupostos e ás necesidades dos veciños”.
En canto a persoal se refire, os socialistas insisten en que “nun concello de escasos 4.300 habitantes, non podemos adicar un total de 116.000 euros para o goberno municipal e 23.000 euros a gastos de protocolo, dietas, gastos diversos e outras indemnizacións. Tampouco é comprensible que continuemos incrementando o número de traballadores municipais e paralelamente tamén aumenten os gastos destinados a empresas externas, debemos rentabilizar moito mellor o potencial que dispoñemos de recursos humanos”.
Plan de emprego
Os membros do GMS cren inmensamente necesario “apostar por un Plan de Emprego que dinamice a economía local e facilite a inserción no mundo laboral dos veciños que así o precisen e sobre todo, de persoas adultas que perderon o seu emprego, con idades complicadas e perfís moi concretos. Deben ter en conta que o 70% dos parados cervenses son mulleres e a metade deles maiores de 45 anos”.
Políticas sociais
Ademais de afrontar o problema do desemprego, os socialistas ven escasas as cifras destinadas á emerxencia social e alertaron de que “non vale de nada facer previsión se despois non se executa, estos anos non se executou nin o primeiro euro. Son moitas as familias que están neste umbral de necesidade, que non poden pagar o recibo da luz ou a súa hipoteca. O goberno do Partido Popular é coñecedor desta situación pero segue mirando para outro lado. Durante o pleno, non logramos saber exactamente o porqué pero pedimos que este ano se invirta xa que efectivamente hai veciños con grandes necesidades”.
Gastos sen fins concretos
Por último, os socialistas saíron do pleno con certa desconfianza “son varios os capítulos de gastos que se incrementaron pero a maioría dos aumentos se titulan gastos diversos ou outros gastos. Quixemos coñecer os fins concretos aos que se refiren dende o goberno municipal pero non tivemos resposta. Ou seguen tendo falta de previsión total dos cartos municipais ou hai diñeiro que non se destinará a fins prioritarios e temémonos que pagarán dalgunha maneira prebendas e certos favores partidistas”.
Por todo, o Grupo Municipal Socialista votou en contra dos orzamentos a pesares da inevitable maioría absoluta do Partido Popular, pois “non vemos que se vaia traballar decididamente pola recuperación económica de Cervo, un Concello que perde poboación, perde servizos e segue en decaemento, nin se aposte por políticas de inversión básica para cubrir as necesidades máis importantes dos nosos veciños”.
Finalmente, remataron matizando ante a ironía do alcalde sobre o empadronamento do voceiro dos socialistas que “mal que lles pese, é veciño e está empadronado no Concello de Cervo dende hai máis de 40 anos”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



