Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2015.- O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, reclamou este domingo un cambio de modelo no reparto de posibilidades de pesca para o cerco galego. Así o dixo durante a manifestación en defensa da flota galega que tivo lugar hoxe na capital galega na que participou unha ampla representación de cargos públicos e orgánicos do PSdeG, nomeadamente dos concellos da costa.
Val censurou o “silencio cómplice” do goberno galego mentres o goberno central “maltrata ao sector galego”, chegando a dicir que os mariñeiros “xa ingresaron de abono e non teñen de qué queixarse” mentres eles van recortando as pesquerías unha detrás de outra. “Diante diso –lamentou- o Goberno galego nin está nin se lle espera”.
Considerou “incomprensible e inasumible” que o propio Executivo autonómico “pretenda pasar de puntillas, cando os profesionais do sector se ven incapaces de chegar a final de ano, sen realizar unha soa declaración na súa defensa nin unha soa xestión demandando algunha solución”.
Lembra que as embarcacións do cerco galegas “veñen de recibir nos últimos días un novo revés en forma de peche da pesquería de xurelo na zona IX A”. Os 120 buques afectados son os mesmos que viron cómo se lles prohibía pescar bocarte na mesma zona dende o mes de febreiro, unha especie que permanece pechada na VIII C dende comezos de agosto e o xurelo dende o 15 de setembro.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



