Lourenzá, 16 de novembro de 2015.- O pasado domingo Iria e Ainara Rodríguez, das Escolas Deportivas Lourenzá, vivían unha gran experiencia participando por primeira vez no Cros Internacional de Atapuerca, en Burgos.
Iria Rodríguez sorprendía a todos sendo a 6ª clasificada (1ª galega) nunha carreira de 800 metros no que invertía 3,33; a un ritmo de 4,26 promedio kilómetro.
Pola súa parte a archicoñecida Ainara Rguez., a pesar de arrastrar molestias nun pé, competía de forma sensacional no medio de máis de 250 participantes rematando no posto 17º con un tempo de 3,22.
Seguro que esta aventura coa élite nacional e internacional non se lles olvida!!! Grandes!!!