Viveiro, 16 de decembro de 2015.- Unha vez iniciadas as obras da Avda. de Cervantes e visto o transcurso das mesmas, redáctase a presente nota co fin de informar aos veciños sobre a súa evolución e aclarar certos comentarios que se están a realizando ao respecto, creando certo malestar entre veciños e comerciantes da zona.
O proxecto de acondicionamento da Avda. de Cervantes foi posto a exposición pública o 19 de febreiro de 2015, sen haber ningún tipo de alegación ao mesmo. Fixéronse infografías, que se atopan no vial, e convocouse en numerosas ocasións a veciños e integrantes do Centro Comercial Casco de Viveiro para ser informados de como ía ser a súa configuración e funcionamento unha vez executadas as obras. Enténdese, deste xeito, que as persoas interesadas en coñecer o proxecto tiveron oportunidade de facelo.
Neste momento xa se pode apreciar como vai quedar a disposición dos elementos urbanos que van compoñer o vial (árbores, luminarias, etc.), dispostos de tal maneira que non entorpezan o tránsito nin os xiros dos vehículos que por van a circular por aí. Con respecto a isto cómpre aclarar que nunca estivo previsto, nin consta no proxecto existente, a colocación dunha luminaria xusto na entrada da rúa Irmáns Vilar Ponte, non tendo coñecemento este concello de cal é a orixe infundamentada deste comentario.
Con respecto á anchura do vial de circulación dos vehículos, cómpre sinalar que leva unha anchura de 4,50 metros, o cal se estima suficientemente dimensionado para o fluxo de tráfico de dito vial. Imaxino que os comentarios existentes, considerando que o carril de circulación quedaría demasiado estreito, pode ter a súa orixe nunhas liñas marcadas na soleira, realizadas para delimitar temporalmente a zona que os usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer deben utilizar para acceder á parte traseira de San Francisco, sen demarcar nada en relación coa obra.
Referente ás posibles dúbidas que poida existir sobre o coñecemento que dende o concello se ten do proxecto referido, cómpre constatar que o proxecto se redactou no concello e que o concello foi o encargado, así mesmo, de tramitar a exposición pública e solicitar as autorizacións sectoriais pertinentes, entre a que se atopa a de Augas de Galicia que, en ningún momento, esixiu actuación algunha con respecto ao río, autorizando a execución do proxecto.
Dende o Concello de Viveiro enténdese que esta información servirá para aclarar os comentarios e dúbidas existentes; non obstante, o Concello de Viveiro está a disposición dos veciños para aclarar calquera cuestión ao respecto.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



