16 de decembro de 2015.- Trala celebración do Consello de Agricultura e Pesca da Unión Europea que aprobou os TAC e cotas da maioría das especies de interese para a flota, desde a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo queren manifestar por unha banda a súa grande satisfacción polo incremento da pescada de Gran Sol, na contorna do 19%. Este incremento é obra do esforzo dos armadores e mariñeiros que demostraron como traballando en serio se pode pasar dunha situación problemática do stock que xera o establecemento dun Plan de Recuperación a unha na que a biomasa está en niveis de RMS.
No Caladeiro Nacional, é de destacar o importante incremento do xurelo do Cantábrico Noroeste, ata o 27%. En relación con outras especies pelágicas confírmase a redución nun 15% da xarda que, segundo as declaracións da Ministra esperan paliar con intercambios para deixala en números similares ao presente ano. No caso da bacaladilla prodúcese unha redución do 5%, moi lonxe do 40% que se prognosticaba e que, en todo caso poderá emendarse coa posibilidade de traspasar cota de Augas do Norte.
Afortunadamente deixouse case sen efecto a importante baixada proposta para o gallo do Caladero Nacional, que en lugar do -26% pasa a un -1%. No caso da pescada sur lamentablemente sufriu unha redución do 22% que, aínda que está bastante lonxe do 65% de redución inicialmente proposto, non é unha boa noticia. Como tampouco o é o que no caso do rape do Caladero Nacional prodúzase unha redución do 14% (menor que o 19% inicialmente prevista). Lamentan que non se atenderon as peticións de prolongar o prazo para a consecución do RMS nestas dúas especies, e en particular na do rape (onde as esixencias por parte da Comisión foron aínda maiores).





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



