Santiago, 22 de decembro de 2015.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou esta tarde no pleno do Parlamento que a Xunta fará todo o posible para que os representantes da frota do cerco acorden o reparto de cota que mellor se axuste ao seu modelo de pesca. Para iso, subliñou a titular de Mar, hai que ter moi claro “cara a onde queremos ir e cales son as consecuencias”, xa que “cando en xestión pesqueira se propón un cambio, hai que ter feito ben os cálculos para non obter uns resultados que, lonxe de solucionar un problema, contribúa a agravalo”.
Neste sentido referiuse ao modelo de reparto por número de tripulantes que solicita parte do sector e advertiu que, de adoptalo, “Galicia non sairía tan ben parada como algúns están a transmitir á opinión pública”, xa que “perderíamos máis da metade de xurelo na zona IXa (a que vai de Fisterra cara ao sur), pois teríamos que repartir a cota con Andalucía e as comunidades do Cantábrico”.
Así, explicou, “pasaríamos de ter o 98% da cota a ter o 34% na zona onde máis pescamos nos anos pasados e onde acumulamos dous terzos da cota total de xurelo que ten Galicia”. A isto habería que sumar, engadiu, “que hai barcos na nosa frota que non terían porte para pescar en zonas máis afastadas coma a VIIIb (golfo de Biscaia)”.
Ademais lembrou que de realizar o reparto por número de tripulantes, “Galicia perdería case cun 20% das nosas posibilidades de pesca do cerco galego no seu conxunto e cremos que un Goberno galego serio e responsable non pode prexudicar a Galicia”, sentenciou.
Xestión da cota
A conselleira lembrou ao sector que xestiona a cota de maneira conxunta que ten o deber de facelo dun xeito ordenado e planificado para evitar desequilibrios entre os seus propios barcos. Neste sentido, puxo como exemplo positivo á confraría de Cambados, que xestionou en conxunto a cota de nove dos seus barcos e logrou que, a 10 de decembro, se consumise o 99,71% da cota de xurelo da zona IXa, evitando sobrepasamentos e mantendo a actividade da frota. Unhas circunstancias que se afastan doutras agrupacións de cerqueiros que optaron pola xestión conxunta.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



