Ribadeo, 15 de decembro de 2015.- Acisa convoca un concurso de debuxo sobre os Reis Magos destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos. O xurado, formado pola directiva de Acisa, elixirá aos ganadores. Os tres mellores recibirán como regalo 50, 40 e 10 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados.
Os participantes no concurso poderán entregarlle os seus traballos ao paxe real que estará nas rúas de Ribadeo do 26 de decembro ao 4 de xaneiro. Os debuxos terá que levar na parte de atrás: o nome do concurso, o título da obra, nome e apelidos do concursante, idade e teléfono. Ademais deberá contar cunha autorización dos seus pais ou titores para poder participar.
O paxe real, ao que os nenos e nenas de Ribadeo lle poderán entregar as súas cartas e os debuxos, estará o 26 de decembro na Avenida de Galicia, 5; o 27 na Praza 8 de Marzo; o 28 tamén na Praza 8 de marzo; o 29 na Rúa San Francisco, 2; o 30 na Rúa Virxe do Camiño, 3; o 2 de xaneiro na Rúa Reinante, 31; o 3 de xaneiro na Praza 8 de marzo e o 4 na Rúa Ramón González, 23. Todas as saídas serán entre as 16:30 e as 20:30 horas excepto as dos domingos 27 de decembro e 3 de xaneiro, que serán de mañá, en horario de 11:30 a 14:30 horas. Desde Acisa indican que “en caso de choiva a carroza suspenderá a súa saída, e o paxe trasladarase á entrada do Cine Teatro”.
Por outra banda, as rúas de Ribadeo contarán con animación musical, con panxoliñas, desde o 18 de decembro ao 6 de xaneiro de 2016, como parte da campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo (Acisa). Desde esta entidade, que é a que costea a proposta, solicitouse aumentar a lista de cancións para que a secuencia non resulte repetitiva.
Por outra banda, Acisa organizou tamén unha campaña nos bares e restaurantes asociados, que repartirá en total 1.200 euros en premios. Os clientes terán que asinar cadros numerados por consumición realizada e o número coincidente coas últimas tres cifras do sorteo do Día do Neno, que se celebra o 6 de xaneiro, será o premiado en cada establecemento. O premio para cada afortunado será de 25 euros en vales. Esta campaña está xa na hostelería ribadense.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



