Este venres e o pasado luns as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, levaron a cabo un taller de adornos de Nadal cos usuarios da Fundación Eu Son. “A partir de materiais de reciclaxe podemos facer multitude de adornos para estas datas, é unha forma de reducir residuos á vez que fomentamos a creatividade. Nesta ocasión fixemos unhas bolas coas que adornarán a árbore do centro”, explican desde Gaia.
