Estrasburgo, 17 de decembro de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, vén de rexistrar outra pregunta parlamentaria escrita dirixida á Comisión Europea co fin de obter unha resposta concreta ao respeito da posibilidade de que se estableza un reparto de cota para o sector do cerco baseado no número de tripulantes por barco e día.
O texto fai fincapé na interpretación do Artigo 17 da Política Pesqueira Común (PPC), que obriga xuridicamente aos Estados membros a incluír criterios sociais, económicos e medioambientais, o que permite que a distribución de cota non se realice so en base ao rexistro de históricos, un procedemento que beneficia a quen máis, ou mesmo demasiado, tivera pescado nas campañas do período 2002-2012.
Porén, sinala AGEe na súa pregunta, en clara contradicción cos criterios especificados no Art.17, na Galiza atopamos que a Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA), que representa ao 80% da frota de pesca sta arte, só dispón do 20% da cota debido à distribución realizada polo Estado espanhol, o que está a deixar a máis de 1.200 famílias nunha situación económica limite.
Aliás, o texto da pregunta salienta a inxustiza do feito de que precisamente o sector do cerco na Galiza tomou a decisión de, en base a criterios de medioambientais e de sustentabilidade, autorregular as súas propias capturas mesmo dende antes o 2002 -concretamente dende o ano 1980-, unha actitude responsábel e acorde cos valores de conservación recollidos na PPC, mais que, en lugar de ser valorada, agora estalles a repercutir negativamente debido a preferencia do criterio de reparto en base a históricos aplicado polo Estado espanhol.
Este criterio de reparto por históricos é ademais especialmente discriminatorio con aquela xente novas que desexe incorporarse á actividade. En relación a esta circunstancia concreta, de grande importancia para o mantemento do futuro do sector, Alternativa Galega de Esquerda en Europa consulta tamén á Comisión na súa pregunta se estaría disposta a crear unha reserva de cota para garantir a viabilidade daquelas persoas que se incorporan à actividade pesqueira.
A eurodeputada de AGEe empregou tamén o pasado luns a quenda de intervención libre dun minuto de duración na sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo para expor as reivindicacións principais do sector do cerco.
Lídia Senra tamén estivo acompañando en Bruxelas a unha delegación de ACERGA o pasado 10 de novembro na súa entrevista con Alain Cadec, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a quen trasladaron directamente as súas reivindicacións. AGE ten amosado o seu apoio á acampada reivindicativa que o sector mantén en Santiago de Compostela dende o pasado 22 de outubro e, mais recentemente, Senra, o deputado de AGE Juan Fajardo e as candidatas número 1 e 2 de En Marea pola provincia de Pontevedra, Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez, trasladaron o respaldo de Alternativa Galega de Esquerda á proposta de reparto de cotas vinculado ao número de tripulantes defendida polo sector.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



