Viveiro, 17 de decembro de 2015.- Na Xunta de Goberno Local celebrada o 15 de decembro de 2015, aprobáronse as Bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na área de rehabilitación do casco histórico de Viveiro. As bases serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e o prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes dende o día seguinte á súa publicación. As bases son ase seguintes:
En desenrolo dos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 27 de Outubro do 2015, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e en relación ao papel xestor do Concello de Viveiro para a execución do Plan e o seu compromiso na elaboración dunha convocatoria para a concesión das subvencións previstas neste acordo.
1. OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneració e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, con cargo aos convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2013 – 2016.
A convocatoria realízase polo disposto nos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 27 de Outubro do 2015, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro.
A concesión de subvencións, a través desta convocatoria será en réxime de concorrencia, consonte os criterios de selección dispostos no apartado 5 da convocatoria.
2. BENEFICIARIOS
a) Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 6.2 e 28.1 do Real Decreto 233/2013.
Non poderán obter financiamento mediante estas axudas as unidades familiares con Renda das Persoas Físicas superiores a 1.2 veces o IPREM calculado polo artigo 6.2b do RD 233/2013.
Non poderán obter financiamento os beneficiados incluídos no programa de fomento de la rehabilitación edificatoria, programa do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016.
Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento ou no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.
As persoas interesadas ao formalizar unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que cada concello estableza na convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan nesta orde e demais normativa reguladora.
3. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As obrigas das persoas beneficiarias son as seguintes:
a) Realizar as actuacións para as cales se establecen as axudas no punto 4 da convocatoria.
b) Comunicar ao órgano instrutor calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.
c) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e o Instituto Galego da Vivenda e Solo consideren pertinentes durante a vixencia da subvención.
d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención do Concello de Viveiro, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Cubrir os datos necesarios para a tramitación da axuda que sexan esixibles segundo o acordo de financiamento específico asinado.
g) As demais obrigas recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 do decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
De acordo co disposto polo artigo 26.1. a/ do Real Decreto 233/2013, é subvencionable a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares establecidos pola normativa vixente.
Poderanse incluír os honorarios dos profesionais, o custo da redacción de proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, así coma os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados, excluídos impostos, taxas e tributos.
Poderanse acoller ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non esteñan finalizadas á data da presentación das solicitudes.
5. CRITERIOS DA SELECCIÓN DAS AXUDAS
O Concello, en función da dispoñibilidade de orzamento, do número máximo de axudas que se poidan conceder e da preferencia das solicitudes, seleccionará as actuacións subvencionadas.
O Concello aprobará unha selección previa de solicitudes candidatas a seren subvencionadas en función das seguintes consideracións: mellora das condicións de habitabilidade das vivendas, condición social dos beneficiarios, fixación da poboación na Área de Rehabilitación, presencia significativa da unidade de edificación no espazo público, nivel de catalogación da unidade de edificación, e axuste económico do número de actuacións a cumprir e de acordo co seguinte baremo:
a) Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas e edificios (0-5 puntos): son aquelas intervencións que melloran considerablemente as condicións de habitabilidade, para alcanzar ou aproximarse ás establecidas no decreto 29/2010 Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia.
b) Fixación de poboación na Área de Rehabilitación: (0-3 puntos): Son aquelas intervencións que se realizan co propósito de seren ocupadas, ben polos propietarios ou para alugueiro. Serán puntuadas do seguinte xeito:
0 puntos as intervencións en segunda vivenda.
1 punto as intervencións que se realizan en vivendas para destinar ó alugueiro ou actualmente en alugueiro.
2 puntos para as intervencións que se realizan en vivendas para seren ocupadas polos propietarios.
3 puntos para as intervencións que se realizan en vivenda habitual ocupada polo propietario.
d) Presencia significativa da unidade de edificación no espazo público: (0-3 puntos): Se valora a capacidade de mellora da imaxe urbana e así fomentar a recuperación dos edificios do contorno.
e) Nivel de protección da unidade de edificación (0-3 puntos): Nos ámbitos da Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, obterán 3 puntos os Edificios catalogados, 2 puntos os non catalogados pero cunha especial significación arquitectónica, significativa presenza no contorno e característicos do conxunto. Os edificios non incluídos nun ámbito de protección nin catalogados obterán 1 puntos se o edificio ten máis de 50 anos de antigüidade.
f) Orzamento por actuación (0-3 puntos): Esta puntuación realizarase co obxectivo de xerar un maior movemento económico na zona asemade para garantir unha maior creación de emprego. Será puntuado do xeito que segue:
0 puntos: orzamentos inferiores a 20.000,00 € por actuación.
1 punto: orzamento por actuación entre 20.000,00 € e 30.000,00 €.
2 puntos: orzamento por actuación entre 30.000,00 € e 50.000,00 € .
3 puntos: orzamento por actuación superior a 50.000, 00 €.
Aos efectos desta selección consideraranse as intervencións exclusivamente en elementos comúns do edificio como unha única solicitude e a súa puntuación será referira ao edificio e non as unidades de vivenda que o compoñen.
6. ORZAMENTO PROTEXIDO
Constitúe o orzamento protexido da actuación o custo total de todas as actuacións que se subvencionen segundo o previsto no artigo 26.3 do Real Decreto 233/2013, que non poderá superar os custos medios de mercado que a tales actuacións correspondan.
7. CONTÍAS DAS SUBVENCIÓNS
A contía das subvencións será do 35% do custo das actuacións subvencionables, ás que se refire o punto 6 da convocatoria. A cuantía máxima das axudas será a establecida no artigo 29.2 do Real Decreto 233/2013.
8. COMPATIBILIDADE
Sen prexuízo do establecido no artigo 28.3 do Real Decreto 233/2012, as subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma de todas non supere o custo total da actuación concreta.
Non resulta compatible a percepción destas axudas coas correspondentes ó programa de fomento de la rehabilitación edificatoria, programa do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016.
9. SOLICITUDE DA VISITA TÉCNICA PREVIA
Poderá solicitarse unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas, co fin de asesoramento. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.
10. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
1. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Viveiro, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. As solicitudes deberán presentar a seguinte documentación xenérica cotexada:
A.- Documentación acreditativa de identificación do solicitante e titularidade da edificación.
a) Se o promotor/a é unha persoa física;
1/ Fotocopia do documento identificador da persoa que asine a solicitude e, de ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa en nome da cal actúe.
2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación. Poderá achegarse certificado ou nota simple do rexistro da propiedade, ou ben documentación acreditativa do feito, acto ou negocio xurídico que demostre a adquisición da titularidade do inmoble. Os documentos poden ser de natureza pública (escritura pública) ou privada, sempre que conste de xeito fidedigno a realidade da súa data, dos intervintes e, de ser o caso, de todos os requisitos que refire o artigo 1261 do Código Civil.
b) Se o promotor/a é unha persoa xurídica;
1/ Documento acreditativo da constitución da sociedade.
2/ Fotocopia do documento que acredite a titularidade do edificio por parte do promotor da actuación. Poderá achegarse certificado ou nota simple do rexistro da propiedade, ou ben documentación acreditativa do feito, acto ou negocio xurídico que demostre a adquisición da titularidade do inmoble. Os documentos poden ser de natureza pública (escritura pública) ou privada, sempre que conste de xeito fidedigno a realidade da súa data, dos intervenientes e, de ser o caso, de todos os requisitos que refire o artigo 1261 do Código Civil.
c) Se o promotor/a é unha comunidade de propietarios constituída consonte ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, presentará ademais:
1/ Documento acreditativo da constitución da comunidade.
2/ Documento acreditativo da representación coa que se actúe.
3/ Acta ou certificado da comunidade de propietarios onde se aprobe a execución das actuacións e a solicitude da subvención ou certificado da persoa titular da secretaría da comunidade referente aos ditos aspectos.
4/ Relación de todas as persoas integrantes da comunidade, co NIF de cada unha, referencia catastral de cada vivenda e local.
5/ Xustificante da participación de cada propietario na Comunidade de Propietarios.
B.- Declaración responsable das persoas beneficiarias das subvencións, onde conste:
– Que non se atopan incursos nas prohibicións para a obtención da condición de beneficiaria sinaladas nos apartados 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta documentación terá que ser presentada de novo, previamente ao pago da axuda.
– Das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación así como o importe da axuda solicitada ou obtida, así como a Administración, organismo ou entidade pública que concede a subvención.
C.- Certificados.
– Certificacións de cada persoa propietaria de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e a Administración Local, e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No suposto de que non se dispuxese deste documento no intre da presentación da solicitude de subvención, a certificación deberá de presentarse en todo caso antes da proposta de resolución de concesión da subvención, consonte ó disposto no artigo 11 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
D.- Documentación referente ás obras e do edificio:
a) Informe de avaliación do edificio segundo o establecido na Disposición Transitoria Primeira, 1.b) da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana e no artigo 21 do Real Decreto 233/2013.
b) Proxecto ou memoria técnica na cal expresen as obras que se van executar, a súa valoración, clasificándoas en capítulos segundo o disposto no artigo 26 do Real Decreto 233/2013. O proxecto ou memoria técnica deberá conter os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre a rasante, superficie sobre a rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se van realizar.
c) Licenza e autorizacións para a execución das obras. No suposto de que, no momento da presentación da solicitude, o interesado non conte aínda co acordo de concesión de licenza e autorizacións para a execución das obras deberá presentar xustificante da súa solicitude, debendo aportarse, en todo caso, a concesión da licenza e autorizacións, antes da emisión da proposta de cualificación provisional.
d) Cando o importe do orzamento protexible das obras exceda de 50.000 euros deberán presentarse como mínimo tres orzamentos, de data anterior á contratación das obras, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude. No caso de que non se optase pola oferta económica máis vantaxosa, deberá xustificarse razoadamente, por escrito, a elección realizada.
e) Ós efectos de poder puntuar o aspecto recollido no punto 5.c) das presentes bases, o solicitante deberá presentar xustificante de que a edificación na que se pretende actuar é a súa vivenda habitual, está destinada ó alugueiro ou ben, no suposto de vivenda baleira neste momento, declaración responsable de que a que fin vai ser destinada.
f) O solicitante deberá presentar certificado de empradroamento e copia das declaracións do IRPF da unidade familiar, correspondente ó exercizo 2014, ou no seu caso certificación negativa da Axencia Tributaria. No suposto de comunidades de propietarios esta documentación refírese a cada unha das vivendas.
Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.
11. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.
Poderán presentarse solicitudes no prazo de un mes dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP.
12. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DAS SUBVENCIÓNS
a) Aprobación inicial das axudas. Cualificación provisional
O Concello, no marco do procedemento da convocatoria de axudas, presentada a solicitude, revisará a documentación presentada, e logo dos requirimentos que considere oportunos para completar ou aclarar a documentación recibida, a Oficina de Rehabilitación elaborará un documento no que se recollan as solicitudes que non cumpren os requisitos, ós efectos de que o órgano municipal competente proceda á súa denegación.
Por parte da Oficina de Rehabilitación procederase á valoración (segundo os criterios establecidos no punto 5 das presentes bases) das solicitudes que cumpren cos requisitos, elaborando un listado no que se recolla a puntuación obtida por cada unha das solicitudes, e realizando unha proposta de cualificación provisional nas que se incluirán as 30 solicitudes que acadaron maior puntuación.
Eta proposta de cualificación provisional, será remitida ó órgano municipal competente para a súa aprobación e posterior remisión á Área Provincial do IGVS en Lugo.
A proposta de cualificación provisional conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento protexido, o prazo de execución e a subvención máxima que se concederá e virá acompañada dunha certificación municipal do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016, referida tanto ás actuacións, aos edificios e vivendas como ás persoas beneficiarias.
A cualificación provisional é requisito necesario para acadar o financiamento previsto no acordo específico.
As solicitudes que, cumprindo cos requisitos non resultaron seleccionadas para a cualificación provisional, pasarán a formar parte dunha “lista de agarda”, para o suposto de desestimación ou renuncia dalgún dos 30 seleccionados. A orde de inclusión dalgunha solicitude desta “lista de agarda” na cualificación provisional será por orde de puntuación. Esta orde para a inclusión só poderá resultar alterada por necesidades de viabilidade económica para a inclusión no programa, entendéndose por tales necesidades o suposto de que pola orde correspondente resultase incluída unha actuación cun importe subvencionable superior ó remanente xerado coa desestimación ou renuncia. Este suposto só poderá realizarse sempre e cando se autorice polo IGVS de Lugo. Esta lista de agarda terá unha vixencia exclusiva para o presente programa e o presente Plan Vivenda.
b) Execución das obras
O solicitante promotor das obras daralle conta á Oficina Municipal de Rehabilitación da data do comezo das obras.
As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do 30 de novembro do 2016.
As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no proxecto técnico ou documentación que serviu de base para a concesión inicial das axudas, e non se admitirán máis modificacións na súa execución que as autorizadas por proposta da Dirección Facultativa, pola Oficina de Rehabilitación e, en todo caso, nos supostos nos que resulte preciso, deberán estar autorizadas pola correspondente e autorizacións sectoriais para a execución das obras.
A Oficina Municipal de Rehabilitación poderá en todo caso supervisar as obras co obxecto de comprobar o correcto cumprimento das condicións a que esteñan sometidas en virtude das axudas concedidas.
Durante o período de execución das obras, o promotor deberá colocar o cartel informativo do programa de axudas para a rehabilitación de acordo co deseño proposto pola Oficina de Rehabilitación, elaborado de acordo cos convenios asinados, e colocado ata cobro total de axudas solicitadas.
c) Remate das obras e Cualificación Definitiva
Os promotores das actuacións comunicarán por escrito o seu remate de acordo co previsto na cualificación provisional por medio da documentación acreditativa da finalización de obra, e en todo caso con data anterior ao 30 de novembro do 2016, de xeito que o Concello teña tempo suficiente para realizar as seguintes comprobacións con anterioridade a dita data:
1. Que as actuacións foron executadas dentro dos prazos e de acordo coa cualificación provisional.
2. Que para a súa execución se contan con todas as autorizacións necesarias.
3. As facturas cotexadas e documentos bancarios de pagamento das anteditas actuacións deberán estar pagadas pola persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional.
Coa comunicación do remate das obras, o interesado presentará a seguinte documentación:
As facturas correspondentes á execución das obras.
Xustificantes bancarios do pagamento das referidas facturas.
Certificado de fin de obra asinado por técnico competente no suposto de que sexa preciso segundo as obras realizadas.
Fotografías do estado definitivo das obras realizadas.
Por parte da Oficina de Rehabilitación, no caso de ser necesaria a presentación de calquer outra documentación precisa para a xustificación de aspectos referentes á realización das obras, así como calquer outro documento que se requira polo IGVS, comunicarase ó interesado para a súa presentación.
As facturas reunirán en todo caso os seguintes requisitos: nome da persoa beneficiaria que figure na cualificación provisional, razón social, enderezo e NIF de quen emite a factura, IVE desagregado, nome, enderezo, NIF do pagador titular da cualificación provisional e forma de pago. Deberá quedar claramente descrito o produto vendido ou o servizo prestado.
A Oficina de Rehabilitación, unha vez recibida a documentación sinalada neste punto, por parte dos solicitantes, elaborará unha proposta de cualificación definitiva que conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento xustificado e a proposta de subvención final que se aboará e virá acompañada dunha certificación do Concello do cumprimento dos requisitos do Plan 2013-2016. Esta proposta será aprobada polo órgano municipal competente e remitida para súa aprobación ó IGVS de Lugo.
A cualificación definitiva supón a xustificación da execución de todas as actuacións cualificadas.
Será causa da denegación da cualificación definitiva a non execución das actuacións ou a súa execución fóra de prazo, así como o incumprimento por parte do/a promotor/a de calquera requisito para obter a condición de persoa beneficiaria.
13. PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS procederá a resolver o pagamento ao Concello atendendo ao previsto nos correspondentes acordos específicos asinados no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan 2013-2016.
O Concello aboará as correspondentes subvencións aos/ás promotores/as que resulten persoas beneficiarias e xustificarán perante o IGVS os pagamentos realizados, para a súa comunicación ao Ministerio de Fomento.
Procederá á minoración do importe da subvención concedida cando o orzamento xustificado teña unha contía inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión e sempre e cando se acredite que a actuación concreta está totalmente executada.
As achegas estarán supeditadas ao efectivo financiamento por parte do Ministerio de Fomento, de acordo co estipulado no convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia.
O abono realizarase pola contía que resulte de aplicar o disposto no punto 7 da convocatoria ao custo final efectivamente xustificado das actividades subvencionadas.
Con carácter previo ao abono das subvencións, todas as persoas beneficiarias deberán presentar:
a) Certificado da titularidade a nome do beneficiario da conta bancaria que designe para o pagamento.
b) Certificados de que o beneficiario está ao corrente dos pagos da Seguridade Social, da Axencia Tributaria Galega, e da Administraticón Tributaria Estatal, así como autorizacións ao Concello para consultar os datos de estar ao corrente coa administración Local.
No suposto de comunidades de propietarios o abono da subvención realizarase de xeito individualizado ao propietario de cada vivenda en función da cota de participación da comunidade. Para estos efectos deberá cada propietario presentar a documentación referida neste punto, non podendo percibir a subvención os propietarios que non cumpran cos requisitos establecidos no punto 2 da presente convocatoria. O aboamento da subvención no suposto de comunidades de propietarios realizarse da forma descrita neste parágrafo, excepto no suposto de que por parte do IGVS ou o Ministerio correspondente se esixa que o abono se realice directamente á Comunidade de Propietarios. Neste último caso será a Comunidade a que repercuta a subvención correspondente a cada membro da mesma, debendo acreditar ante o Concello dito feito, así como o cumprimento por cada perceptor de que cada un se atopa ó corrente dos pagos ante a Seguridade Social, a Axencia Tributaria Galega, a Administraticón Tributaria Estatal e local, e cumpre cos requisitos para a súa percepción.
14. DENEGACIÓN E REVOGACIÓN DAS SUBVENCIÓNS
a) Sen prexuízo das posibles incompatibilidades que legalmente foran aplicables en concorrencia coas axudas desta convocatoria, en ningún caso as subvencións concorrentes poderán ser de tal contía, que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo da actuación subvencionada, de conformidade co disposto polo artigo 17º.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
b) Segundo o artigo 13, da Orde do 9 de marzo de 2015, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
c) Consonte o artigo 14, da Orde do 9 de marzo de 2015:
– O incumprimento ou falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención, comportará, ademais das sancións que poidan corresponder, o reintegro da subvención percibida incrementada co xuro legal correspondente desde o seu pagamento máis un 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, salvo que a Lei de orzamentos do Estado estableza outro diferente.
– En particular será causa de reintegro a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.
– Tamén serán motivo de reintegro os supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
– O procedemento para o reintegro será o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Tamén serán causas de denegación ou revogación das subvencións, ademais da de non reunir as condicións indicadas nos puntos 2 e 4 da convocatoria, as seguintes:
– Incorrer en falsidade nos datos tidos en conta na selección da axuda reflectido no apartado 5 desta convocatoria.
– Acometer infraccións urbanísticas graves ou moi graves nas obras de rehabilitación subvencionadas.
– O incumprimento dos prazos para a execución das obras ou para a xustificación dos gastos.
– A incorrecta execución das obras de rehabilitación apreciada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación.
– O impedimento ou obstrución grave, por parte do promotor ou o contratista, á supervisión das obras por parte dos técnicos da Oficina de Rehabilitación.
– Calquera outra que establezan as normativas vixentes.
15. CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA
As contías máximas totales das citadas achegas por anualidades, segundo figura no convenio, son as seguintes:
Área de Rexeneración e Renovación e Renovación Urbana
Achega Ministerio de Fomento
Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro
178.800,00 €
18. NORMATIVA DE APLICACIÓN
Para todo o non previsto nestas bases será de aplicación:
a) O Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016.
b) O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan as directrices para o desenvolvemento do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 9 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas, 2013-2016.
d) A Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
e) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
f) A Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
g) Lei 8/2013, de 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.
h) O convenio de colaboración asinado o 5 de setembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do Alugamento de Vivendas.
i) Os acordos da Comisión Bilateral celebrada o 27 de Outubro do 2015, relativo á Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro.
j) Normativa urbanística vixente aplicable.
k) Calquer outra normativa vixente que resulte de aplicación.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



