Lugo, 4 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou este venres que o PP é o único que ten un “proxecto claro e realizable e equipo con capacidade para gobernar”. Barreiro fixo estas declaracións no acto de apertura de campaña. Nesta ocasión, a tradicional pegada de carteis foi substituída por unha pegada de imanes nas que cada persoa explicaba por que votar ao PP é a mellor opción.
O líder dos populares lucenses asegurou que “somos un partido con experiencia contrastada, con coñecemento dos problemas e con capacidade para tomar as mellores decisións para España, aínda que algunhas sexan difíciles e pouco agradables”. Neste sentido, Barreiro subliñou que o que o PP pode ofrecer aos españois o próximo 20-D “é seguridade, experiencia política e vocación de traballo”.
O cabeza de lista ao Senado pola provincia de Lugo recordou que “os gobernos non se improvisan” e que é necesario ter “un bagaxe acreditado”. Por iso, recordou que “non son bos os experimentos nin tampouco a volta a receitas caducas”. “Ou goberna o PP ou España volverá á crise e a destrución de postos de traballo”.
José Manuel Barreiro explicou que o principal reto do PP para a próxima lexislatura é seguir creando emprego para “chegar aos 20 millóns de ocupados en 2020” porque “a creación de postos de traballo é a mellor forma de defender as políticas sociais”. Barreiro tamén fixo referencia ao desafío catalán e insistiu en que só o Partido Popular defenderá “a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade dos españois e a legalidade”.
“O Presidente do Goberno que necesitamos é Rajoy”
O cabeza de lista dos populares por Lugo ao Congreso, Joaquín García Díez, animou a todo o mundo a seguir traballando “para manter ao Presidente do Goberno que necesita España, que é Mariano Rajoy”. Neste sentido García Díez recordou que foron as políticas do Partido Popular e o esforzo de todos os que conseguiron sacar a España da crise. “Corriximos os desequilibrios económicos e recuperamos a confianza internacional, imprescindible para a recuperación”.
O número un dos populares lucenses ao Congreso destacou que “o rumbo está marcado” e queda aínda moito por facer pero só o PP “pode garantir que a economía siga crecendo”. “Todo o demais -continuou- implica volver á recesión e ao abismo”. “A creación dun millón de postos de traballo entre 2014 e 2015 é o maior aval que ten este partido para pedir aos españois que volvan confiar en nós porque podemos ir moito máis alá”, concluíu.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



