Trabada, 5 de decembro de 2015. O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou este sábado en Trabada, durante unha reunión coas comunidades de montes, a actitude do inicio de campaña do PP na provincia de Lugo, onde demostrou que “a súa campaña será a da mentira e o cinismo”. Besteiro cualificou de “sorprendente” que a primeira medida anunciada por Ana Pastor sexa o AVE cando “hai catro anos a primeira decisión que tomou foi anular todos os proxectos” dos socialistas. “Basta de mentiras”, díxolle a Feijóo, tras lembrar que en 2009 asegurou que el mesmo pagaría a liña desde a Xunta se non a asumía o goberno estatal.
“Hai documentos e hemeroteca que o recollen”, apuntou o socialista. “Temos tantos exemplos que o que lles pedimos é un pouco de decencia, menos cinismo e menos mentiras”, xa que “en Lugo e en Galicia sabemos que foi o que se fixo coas infraestruturas ferroviarias. Foron paralizadas e anuladas polo goberno de Rajoy sendo ministra Ana Pastor”, dixo. “Foi a súa decisión anular todos os proxectos: a intermodal ou a paralización das variantes na zona de Sarria”, exemplificou.
“O PP hoxe non é garantía de cumplimento”
“En Lugo tamén recordamos ben cando no 2009 Feijóo prometía que se o goberno do Estado non facía a liña de AVE na provincia de Lugo a asumiría a Xunta. Basta de mentiras, de cinismo e díganlle á xente que é o que se pretende facer e que se cumpla, porque o PP hoxe non é garantía de cumplimento”, afirmou Besteiro.
O líder dos socialistas gelegos, xunto cos candidatos ao Congreso e o Senado, Margarita Pérez Herráiz e Ricardo Varela, e o presidente da Deputación, Darío Campos, mantivo unha reunión coas comunidades de montes en Trabada, na que lles trasladaron a aposta para solucionar “un dos principais problemas en Galicia, o do sector forestal”, no que Lugo é a principal provincia de Galicia, e que “ten unha potencia que se desaproveitou nos últimos anos”. Antes, os socialistas visitaron a feira da Pontenova, e posteriormente terán un encontro con militantes e simpatizantes en Burela, antes de acabar a xornada en Viveiro.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



