Desde este 4 de decembro, e ata o 11 de xaneiro, pódese visitar unha exposición sobre o Camiño Norte na Sala de Exposicións da OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR, onde tamén se encontran as dependencias da Oficina de Información de Turismo. De paso que nos achegamos ao parque de San Francisco para ver a feira de Artesanía, ou máis adiante para visitar o parque infantil ou a pista de xeo, poderemos tamén achegarnos á Sala de Exposicións da OMIC e contemplar unha exposición sobre o Camiño Norte que nos achega ata Ribadeo o Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba.
Esta entidade ten como fin a investigación, o estudo, a conservación, a defensa e a difusión da Cultura Galega, especialmente no que se refire á lingua, á historia e ás súas tradicións en xeral, e da Terra Chá en particular. Como non podía ser menos, o seu interese tamén se había de fixar no Camiño Norte, hai pouco recoñecido como patrimonio cultural da humanidade, e que abre as súas portas en Galiza no noso concello de Ribadeo.
A exposición ten un claro compoñente visual acompañado de breves textos explicativos que nos introducen no patrimonio etnográfico, arquitectónico e artístico que peregrinos, e visitantes en xeral, podemos contemplar percorrendo as sendas xacobeas. Cun breve paseo polas dependencias da OMIC, ao abeiro de séculos de historia, poderemos repasar as principais achegas do Camiño Norte desde este 4 de decembro e ata o 11 de xaneiro en horario de atención ao público en Turismo.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



