Que Cidadáns, e o seu candidato “dolcegabbana”, son de dereitas a ninguén sorprende. Iso de ser “liberal no económico” tradúcese en que cada pau aguante o sua vela e quen máis poida que máis tire. Estivéronse camuflando nun si pero non, a medias tintas como equilibristas no alambre, ata que chegou a hora de poñelo por escrito e víuselles a intención de herdar aos avós do PP. Iso, si non pactan?, ou se fusionan.
Para a sanidade téñennos preparado un bo zarpazo. Para a educación máis do mesmo, sexismo e elitismo. Para o mercado laboral, sálvese quen poida. Nas pensións, a buscarse a vida con plans privados. Da sua transparencia, nin falamos.
Pero, ollo, ollo, ás mulleres, póñenlles no camiño de volta ao veo, a saia por baixo dos xeonllos e aguantar a dominación do macho á vella usanza. A mensaxe de Cidadáns sobre suprimir as penas específicas por delitos de violencia contra as mulleres supón carta branca aos maltratadores e aspirantes a selo, por suposto que todo macho hispano que se precie captou a mensaxe e foilles votar.
Séculos de loita, de feminismo de fronteira, de dor e sufrimento custoulles as mulleres, nosasa cpompañeiras levantar un dedo para que se lles recoñeza como persoas, cidadás con dereitos e liberdades. Apenas fai oitenta anos que poden votar, trinta e dous que comezarón a ser donas da sua maternidade, apenas dez, que os delitos contra elas, polo feito de ser mulleres, saíron do ámbito privado para ser unha cuestión pública. E agora, nun momento, nese instante de meter o voto na urna, uns señoritos quixeronlles roubar, de novo, a sua integridade física coa súa mediática cara bonita e as súas palabriñas. E, alguna, o bó seguro picou. Abundan a hora de votar os parvos e os parvas. Nada máis recordar, outra vez, e son datos oficiais, que desde 2003, son 800 mulleres asasinadas, o mesmo número que as vítimas de ETA en toda a súa historia.Ollo o dato.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



