Foz, 17 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos tempos estase a levar a cabo no noso Concello a obra do carril bici que une as praias da rapadoira e Llas.Unha obra financiada polo Estado(Ministerio de Medio Ambiente e Costas), nunha vía pública propiedade da Deputación Provincial de Lugo.Dende FPF valoramos que esta obra era necesaria para dar un novo servizo ós nosos veciños e veciñas e ós nosos visitantes.Esta obra a vai a recoller, dende que estea finalizada, o Ministerio de Costas e Medio Ambiente, e como xa manifestou o noso Alcalde en anteriores ocasións ten intención de que esta estrada sexa traspasada ó noso Concello, así mesmo o mantemento a posteriores do carril bici vai correr a cargo do Concello de Foz.
Entendemos dende FPF que esta obra do carril bici que se está executando, cando se ve no proxecto non é o mesmo que cando se ve a súa execución, e hai certas deficiencias que non sería posible aprecialas ata estes momentos, como FPF puidemos comprobar e nos gustaría que fosen corrixidas antes da recepción da obra polo interese xeral .
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Fomento e Costas a esixir que se corrixan as seguintes deficiencias antes de recoller a obra do carril bici entre as praias da rapadoira e Llas.(Axuntamos fotos).
– No tramo que queda entre a estrada e o carril bici observamos que nalgunhas zonas queda unha cuneta bastante profunda, entendemos que isto se podería solucionar entubando este tramo e poñer ó mesmo nivel esta zona ou ben facendo unha rigola pero sen tanta profundidade.
– A nula accesibilidade para os minusválidos na zona da rapadoira –Paseo Colón, onde como se pode comprobar é totalmente imposible acceder cara o outro lado da estrada sen ter que ir ata diante da “taberna”, solucionaríase perfectamente facendo unha baixada no paseo Colón no paso de peóns que hai diante da “esquina”.
– Diante do antigo aparcadoiro da praia de Llas coñecido como a finca onde estaba o chiringo do Leyton hai un paso de cebra que cruza e estrada e cando chega á zona do carril bici atopámonos coa cuneta, totalmente imposible pasar para persoas minusválidas ou maiores.
– Entendemos que mais ou menos diante da casa de Paleo debería haber un acceso cara o paseo para persoas minusválidas.
– Onde se está programando abrir a estrada que unirá a Avda. do Cantábrico coas Torres deberíamos ter outro aceso de minusválidos ó paseo, e máis pensando que esa nova estrada terá moito tránsito de peóns como xa ten nestes momentos o carreiro existente.
– Na coñecida como “curva dos negros” , onde hai uns aparcadoiros para minusválidos, había unha pasarela de madeira que desapareceu e non se pode acceder ó paseo.
– Vemos como para unhas fincas quedaron entradas a través do carril bici e para outras non, parécenos unha cousa estraña e que se debera corrixir.
– Advertimos tamén que se está barallando a posibilidade de que a Avda do Cantábrico vai ser de dobre sentido, e vai ter aparcadoiros por unha marxe , cando veña a temporada estival e veñan autobuses non van a coller dous en par.
– Advertimos que os aparcamentos públicos vense mermados considerablente,polo cal,entendemos que se deben empezar a buscar novas alternativas para suplir esta carencia.
– Instamos ó Alcalde e o seu equipo de goberno solicite un informe á Policía Local de Foz e máis ós técnicos Municipais para que informen das deficiencias que ó mesmo tempo ven eles e sexa anexado a este acordo Plenario e tramitado todo conxuntamente.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



