Viveiro, 14 de decembro de 2015.- Frutas Jose.: Diandra, Marta, Mery, Nerea, Rosana. Tamén xogaron.: María e Bea
Quiroga.: Paula, Carolina, Alba, Sabela e Isabel. Tamén xogaron.: Sabela Duran e Carlota
0-1 Marta; 0-2 Rosana; 0-3 Bea; 0-4 María; 1-4 Alba:; 2-4 Carlota
O Frutas Jose acadou unha vitoria de prestixio na cancha do lider da categoría e onde facía tres tempadas que ningún equipo da categoría acadaba algo positivo.
As viveirenses acudían a Quiroga no seu mellor momento deportivo da tempada logo de catro partidos consecutivos sen perder, pero conscientes da dificultade de enfrontarse a un equipo que so levaba encaixados seis goles en sete partidos.
O Frutas Xose saltou a pista do municipal quirogues coa leción aprendida de outros anos e plantexou unha defensa individual a media pista que se lles atragantou as locais, que nos eran quen de levar perigo diante da meta de Diandra, mentres que as viveirenses lanzaban rápidas contras que levaban moito perigo ante a meta local, o que fixo que a primeira metade rematara cun claro 0-3 ante o desconcerto das locais.
A segunda metade comezou cunha abafante presión por parte das de Quiroga que as de Viveiro souperon superar e incluso xerar perigo ante a meta local. Pero o esforzo pasaba factura e o Frutas Jose veuse encerrado no seu propia campo polo empuxe das locais, que se topaban unha e outra vez con Diandra que con intervencións de moito mérito conseguía manter a a su porta a cero, incluso parando un penalti, para desesperación das locais, que vían como as visitantes acadaban o 0-4 por medio de Maria ao transformar un pènalti mediada a segunda metade.
O 0-4 fixo que as locais xogaran os últimos 8 minutos e recortasen distancias pero sen por en perigo a vitoria para as de Viveiro
Con este triunfo as Viveirenses rematan a primeira volta nos postos altos da taboa clasificatoria.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
