Bruxelas, 15 de decembro de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, empregou este luns pola noite a quenda de intervención libre dun minuto de duración para expor na sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo as reivindicacións principais do sector do cerco.
Senra subliñou que dende fai dous meses 120 barcos barcos desta arte de pesca fican amarrados nos portos galegos, e deu conta da acampada reivindicativa fronte ao Goberno galego levada adiante pola Asociación de Armadores do Cerco de Galiza (ACERGA).
“Denuncian que o reparto da cota por históricos ameaza a supervivencia das 1.200 familias que dependen destes barcos, provocando ademais a destrución de milleiros de postos de traballo indirectos e poñendo en risco o futuro das comarcas costeiras galegas”, trasladou Senra, “reclaman xustiza, un reparto non discriminatorio das cotas, e que este se faga en función dos tripulantes de cada barco”.
“Os homes e as mulleres do cerco -recalcou a eurodeputada galega- esixen que dende as institucións europeas se garanta que o Goberno español teña en conta criterios socioeconómicos á hora do reparto das cotas, tal e como establece o Artigo 17 da Política Pesqueira Común, cousa que non está a facer”.
A eurodeputada de AGEe Lídia Senra estivo acompañando en Bruxelas a unha delegación de ACERGA o pasado 10 de novembro na súa entrevista con Alain Cadec, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, a quen trasladaron directamente as súas reivindicacións. AGE ten amosado o seu apoio á acampada reivindicativa que o sector mantén en Santiago de Compostela dende o pasado 22 de outubro e, mais recentemente, Senra e o deputado de AGE Juan Fajardo, trasladaron o respaldo de Alternativa Galega de Esquerda á proposta de reparto de cotas vinculado ao número de tripulantes e día defendida polo sector.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



