Cervo, 7 de decembro de 2015. O Concello de Cervo, a través da Concellaría de Medio Ambiente, acaba de poñer en marcha a terceira campaña de compra conxunta de árbores, que permite aos veciños facer encargos conxuntos e aforrar deste xeito na adquisición. Hai máis de 80 especies forestais, froiteiras e ornamentais para escoller e boa parte delas son autóctonas, segundo destacou a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez. As solicitudes poderanse facer entre o 14 de decembro de o 15 de xaneiro.
“Dende o Concello de Cervo imos abrir de novo a campaña para a compra conxunta de árbores, para que todos os veciños se reúnan e poidan mercar as árbores dunha maneira moito máis económica e así potenciar as pequenas plantacións domésticas. Poderán escoller entre máis de 80 especies, a maioría delas autóctonas. É a terceira campaña que fai o Concello de Cervo para a compra colectiva de árbores. É unha iniciativa coa que administración local quere seguir fomentando as plantacións, máis aló dos terreos municipais, poñendo especial énfase nas autóctonas. De feito, pódese escoller entre máis de 80 especies de plantas tanto forestais como froiteiras ou ornamentais”, explicou a concelleira Manuela Méndez.
A edil engadiu que “o prazo para facer estas solicitudes abrirase o próximo luns, 14 de decembro, e manterase ata o 15 de xaneiro. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Cervo, onde se lles facilitará a folla de pedidos e a listaxe de todas as especies dispoñibles. Ao tratarse dun encargo conxunto, o prezo das plantas será máis económico que nas compras individuais e por iso queremos fomentalo. Esta acción de compra destas árbores desenvólvese xunto a unha empresa de xardinería para dar facilidades á hora de crear pequenas plantacións domésticas e favorecer o entorno verde no noso municipio. Esperamos que se apunte moita xente”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



