Burela, 16 de decembro de 2015.- O Concello vai repoñer tres pezas de cerámica do mural de Neira Brochs na praza da Mariña e colocar fotos murais antigas de homenaxe aos mariñeiros nun muro da mesma praza que da á rúa Eijo Garay. Así o anunciou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, que tamén animou aos interesados a visitar na sala de exposicións do Auditorio de Burela a exposición de Neira Brochs actualmente aberta ao público.
O rexedor contou que “na Praza da Mariña hai un mural cerámico que fixo Neira Brochs con motivo mariñeiro, que se fixo hai tempo cando se inaugurou a praza. Por haches ou por bes, nalgún momento perdeu tres pezas de cerámica que lle caeron, tres pezas que lle encargamos para proceder á súa reposición. Xa está mirando de facelas, hai que volver medir e colocar, pero en poucos días vai estar todo o mural listo, porque deste xeito estaba como medio descoidado. Aproveito para lembrar que ten agora unha exposición aquí en Burela, unha exposición bonita, de moito nivel, na sala de exposicións do Auditorio de Burela”.
Alfredo Llano Llano tamén deu conta dos plans para un muro na mesma praza da Mariña: “nun muro que se fixo alí ultimamente e que da á rúa Eijo Garay, vindo dende o porto, imos colocar unha serie de fotografías antigas que temos a gran tamaño e que xa temos expostas nalgún momento, para darlle importancia e singularidade á vida ida mariñeira no noso pobo. Serán 10, 12, ou 15 fotografías para que no seu conxunto adornen, dean valor e sexa unha homenaxe para a xente do mar e darlle así continuidade á praza da Mariña, cunha cousa que espero que guste aos veciños e á xente que nos veña visitar. Xa se comezou a facer a obra, calculo que entre mañá e pasado estea acabado de pintar o muro e para a semana que vén colocaremos as fotos murais”.
Esforzo para o Nadal
O rexedor destacou tamén que “o Concello de Burela está facendo un gran esforzo para poder atender as necesidades de diferentes colectivos e asociacións para facer un Nadal atractivo na nosa vila. Xa se anunciou que imos colocar unha carpa para diversas actividades, unha carpa que vai estar instalada entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, e imos colaborar con diferentes asociacións, non soamente de xeito institucional, senón tamén economicamente. Todo iso en conxunto supón un esforzo económico ao Concello que menos mal que se vai traducir en algo vistoso e aproveitado por todo o mundo, tanto do pobo como os visitantes, e penso que vai ser moi agradable todo o que se está programando para estas datas”.
Tamén explicou Llano que “ata agora non se colocaron as luces, aínda que xa está programado onde se van colocar. Xa estivemos véndoo coa empresa que se vai encargar, xa se sabe onde van ir os puntos, os arcos e os distintos adornos que se van colocar. Evidentemente, isto trae uns gastos importantes e o único que se fai é retrasar un pouco a súa colocación e o acendido porque hai que tratar todas as necesidades e agora mesmo son moitas no nos concello. Pero si que se van colocar unhas luces, para a semana que vén van estar xa acendidas e, por tanto, van estar todas as Festas e ao mesmo tempo estamos mirando polo aforro e a xestión que nos corresponde”.
O alcalde burelés engadiu que “para o ano que vén, programaranse doutro xeito, cun orzamento específico para isto, porque este ano non había nada detallado, había moi pouco, e polo tanto temos que xestionalo o mellor posible. Eu pido desculpas aos veciños que se sintan molestos porque aínda non se colocaron as luces, pero hai moitos pobos nos que aínda non se colocaron nin se acenderon porque hai que equilibrar o aforro coa disposición de facer isto, que é importante para o pobo. Ten que haber un pouco de paciencia. Vai haber novidades, van ser moi bonitas e creo que van gustar, pero non as puxemos antes por cuestións económicas e tamén porque a empresa que as vai montar está traballando noutros lados e eu tampouco os apurei, xa que hai que equilibrar o gasto co resto. Este ano estamos procurando facer dentro dos orzamentos unha labor para todos”.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



