Cervo, 7 de decembro de 2015. O Concello de Cervo e a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián organizan unha recollida de alimentos e xoguetes para os máis necesitados durante un evento que se denomina Unha canasta solidaria. Será este domingo, día 13, a partir das catro e media da tarde no pavillón municipal de A Veiga, en San Ciprián. Na presentación das actividades participaron o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e os responsables da sección de baloncesto do CD San Ciprián Nacho Mota e Kevin.
O edil delegado de Deportes en Cervo explicou que para este evento contan con colaboración de Cruz Roja e do Club de Baloncesto Terra Cha e comentou que “nestas datas tan entrañables nas que a solidariedade emerxe dunha forma especial o equipo de baloncesto de San Ciprián e o Concello de Cervo, aproveitando o partido da 3ª División Autonómica masculina que enfronta aos equipos de baloncesto Terra Cha, de Vilalba, e ao de San Ciprián, organizamos unha xornada de apoio aos máis necesitados. Dará comezo ás 16.30 horas no pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, e prolongarase ata as 19 horas, momento no que empezará o partido de baloncesto”.
José Ramón Soto engadiu que “a recollida de alimentos e xoguetes realizarase ao mesmo tempo que unha serie de actividades para os nenos máis pequenos, que poderán gozar de xogos, contacontos, pinta caras e globloflexia. Todo isto será de carácter gratuíto”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



