Cervo, 3 de decembro de 2015.- O Concello de Cervo fai público o nome da gañadora do XVI Concurso de Postais de Nadal. É Nuria Rey Díaz, de 7 anos de idade e alumna do CEIP Cervo Número 1.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que Nuria Rey “é a autora dun deseño laborioso e orixinal. Trátase dunha composición en cartolina branca, adornada con materiais e motivos de Nadal. A postal de Nuria foi o deseño elixido para as postais coas que o Concello felicitará as festas e o novo ano ás institucións, organizacións e asociacións. Para iso imprimíranse exemplares, que se farán chegar por correo ordinario a estas entidades e un pequeno lote será para que a gañadora do concurso felicite o Nadal aos seus familiares e amigos”.
Dolores García engadiu que “a postal de Nuria foi a elixida para felicitar as festas, pero ademais hai tres primeiros premios por categorías: na de infantil o gañador foi Manuel Alejandro Martinez-Quelle Valcárcel; na de 6 a 9 anos, Yago Fernández Lorenzo; e na de 10 a 12 anos, Ana Álvarez Alonso. Todos eles recibirán os seus premios pero non serán os únicos, xa que todos os participantes no certame tamén recibirán agasallos”.
A edil de Cultura destaca “a moi boa a participación que houbo neste concurso, ao que se presentaron un total de 40 deseños, seguramente todos feitos con moito traballo e agarimo. Aos nenos e nenas failles ilusión que a xente poida ver os seus traballos e, sobre todo, súmase a esta época de tanta ilusión para os máis pequenos como é o Nadal”. Dolores García anuncia que “este ano todos as obras presentadas poderanse ver na Casa da Cultura a partir do día 21 de decembro ata o 6 de xaneiro nunha exposición de postais de Nadal. Na inauguración, que terá lugar o día 21 de decembro na sala de exposicións, farase a entrega dos premios e dos agasallos a cada participante; e ademais, como novidade, catro mozas integrantes da Coral Terramar deleitarannos coas súas voces”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



