Burela, 3 de decembro de 2016.- O Concello ofrecerá unha recepción oficial á Ministra Conselleira do Consulado de Cabo Verde en Madrid, Socorro Andrade de Melo Cruz. Será este venres ás 18 horas no Salón de Plenos. Así o anunciou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, que explicou que a acompañará un grupo de técnicos encargados de elaborar un censo electoral de cidadáns caboverdianos asentados no municipio, de cara aos comicios xerais e presidenciais de 2016.
O rexedor contou que “mañá ás 18 horas imos recibir de maneira oficial á Ministra Conselleira do Consulado da República de Cabo Verde, no Salón de Plenos. Será unha recepción oficial, un recibimento como se merece esta xente. Falaremos de varias cuestións, de todo aquilo que é importante para contarnos a nós, e nós tamén lle contaremos das nosas circunstancias aquí no Concello. Basicamente o que veñen facer aquí, e xa o están facendo dende o mes de novembro, son as labores de censo electoral feitas polo goberno de Cabo Verde a todos os membros da comunidade caboverdiana que están fóra do seu país. Veñen con ela unha serie de técnicos para elaborar un censo dos caboverdianos que están residindo en Burela”.
A delegación de Cabo Verde en Madrid permanecerá en Burela do 4 ao 6 de decembro. Angélica Gómez, a concelleira de Inmigración e Cooperación, dixo que “o venres terá lugar unha reunión informativa coas asociacións caboverdianas (asociación cultural Tabanka, asociación cultural, recreativa e para a integración social Batuko-Tabanka e asociación recreativa, cultural para a promoción da cultura de Cabo Verde Rabentola), na que o alcalde e mais eu acompañaremos a José Belmiro Fonseca, vereador de agricultura, pecuaria e pescas da Cámara Municipal de Santa Cruz de Cabo Verde e a Ministra-Consejera do Consulado de Cabo Verde en Madrid e Presidenta do Consello de residentes españois, Mª Socorro Andrade de Melo Cruz. Nesta reunión tratarase de coñecer a realidade dos proxectos de cooperación que existen neste municipio. E xa os días 5 e 6 de decembro, nas instalacións do Centro de Formación Ocupacional estarán presentes Mª Socorro Andrade de Melo Cruz xunto con funcionarios do Consulado de Cabo Verde de Madrid para instalar un equipo que recollerá os datos dos caboverdianos residentes en Burela de xeito que estes estean actualizados e poidan votar nas próximas eleccións xenerais e presidenciais do ano 2016 en Cabo Verde”.
Llano engadiu que “nos pediron xa fai días a colaboración cun espazo físico, que xa llelo temos ofrecido, e imos colaborar con eles en todo aquilo que nos soliciten, ademais das instalacións, como é normal. É un gusto e un pracer que estean aquí para intercambiar opinións e reforzar a nosa relación cos caboverdianos, porque é un pobo que leva moitos anos en Burela, están perfectamente integrados, colaboran moito co Concello e nós tamén queremos colaborar con eles”.
O alcalde indicou tamén que “quen leva o peso desta iniciativa e desta axuda con respecto a Socorro Andrade de Melo Cruz, a Ministra Conselleira do Consulado de Cabo Verde en Madrid, é a nosa concelleira de Cooperación e Inmigración, Ángelica Gómez. Así que é unha boa noticia, nós imos colaborar con eles e intentar reforzar esta relación que dende hai moito tempo tivemos, seguimos tendo e se terán no futuro con este pobo”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



