Burela, a 30 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) manifestou que “a Xunta vén de facer pública a concesión dunha subvención de 119.194’00€ ó Concello de Burela como aportación para o funcionamento do Centro de Información á Muller (CIM). Unha magnífica noticia que é motivo de sastisfacción polo que representa de cumplimento da Xunta de Núñez Feijoo dos seus compromisos por un lado con Burela, e por outro coas mulleres do noso concello, e tamén coas mulleres dos concellos de Alfoz, Valadouro e Cervo, que se van ver beneficiados con esta importante axuda”.
Os populares destacan que “a política de agrupamento de concellos iniciouna o goberno municipal do PP, que tamén aumentou a toda a xornada laboral o contrato da psicóloga do CIM, cuestións estas, que xunto ó importante número de actividades que se viñan realizando, propician que agora a axuda concedida sexa tan importante”.
Desde o GMP afirman que “esta axuda é a segunda en contía concedida pola Xunta, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, só superada pola concedida á Mancomunidade da Comarca de Ordes. Lembremos que xa o ano pasado a axuda concedida pola Xunta fora a máis alta de Galicia, ainda que de menor cuantía ca actual xa que había menos concellos agrupados”.
O GMP califica de “lamentable que nin o alcalde nin a concelleira de servicios sociáis teñan informado da concesión desta subvención, o que demostra o grado de sectarismo que teñen, e tamén, e o máis preocupante, o nulo interese pola igualdade e as políticas destinadas á muller”.
“Por eso, indican os populares, animamos sinceramente á concelleira do ramo a poñerse a traballar de unha vez por todas, e a distribuir con rigor e seriedade esta importante subvención. Ainda que moito nos tememos que pouco ou nada vai dar de si, vendo que deixou ás mulleres de Burela, por primeira vez, sen cursiños nos últimos meses deste 2015”.