Cervo, 15 de decembro de 2015.- O pavillón municipal da Veiga, en San Cibrao, acollerá este sábado, 19 de decembro, un campionato de kárate entre as 17 e as 19:30 horas organizado pola Federación Galega. José Ramón Soto, concelleiro de Deportes, explicou que a modalidade da proba é katas nihon taijitsu e que con ela se intenta dar a coñecer esta disciplina de orixe xaponesa.
José Ramón Soto explicou que “é unha proba respaldada pola Federación Galega de Kárate. O acto é totalmente gratuíto para todos os públicos que desexen asistir ao evento. Acudirán participantes da Mariña Luguesa, ademais de A Coruña, Ourense e Lugo. Calcúlase unha participación de 30 competidores. É un campionato que ten carácter oficial e está organizado pola Federación Galega de Kárate, co patrocinio do Concello de Cervo. En dito campionato estará presente o mestre e director autonómico Miguel Ángel Rojo, veciño da nosa localidade e encargado de preparar a todos estes alumnos. O obxectivo principal é dar a coñecer máis esta actividade, aínda que na nosa comarca xa leva varios anos implantada, concretamente aquí no concello de Cervo. O taijitsu é un arte marcial de orixe xaponés baseado na defensa persoal e este é o seu obxectivo principal, aínda que por motivos de divulgación se realicen competicións para poder chegar ao público en xeral”.
Ademais durante este evento deportivo tamén se realizarán exhibicións de tai chi a cargo dun grupo de San Cibrao.
O campionato foi presentado polos concelleiros de Deportes e de Xuventude, José Ramón Soto Martínez e Dolores García Caramés, e polo mestre Miguel Ángel Rojo.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
