Ribadeo, 14 de decembro de 2015.- O grupo municipal do Partido Popular en Ribadeo, por medio do seu portavoz, Jesús López Penabad, critica o mal estado en que se atopa gran parte do mobiliario urbano e a falta de limpeza nas rúas e outros espazos públicos, mentres que o Concello gasta moitos miles de euros no pintado dun mural.
Jesús López Penabad pregunta cales son as prioridades do alcalde, o nacionalista Fernando Suárez, e do seu equipo de goberno porque “mentres o Concello gastou moitos miles de euros en pintar un mural nun edificio da avenida Rosalía de Castro, unha gran parte do mobiliario urbano está totalmente abandonado; un exemplo diso é como se atopan moitas papeleras e bancos: sen pintar e rotos, ata o punto de que nalgúns casos xa non serven para utilizar desde fai moito tempo e sen que se faga nada por reparalos ou substituílos. Isto dá unha nefasta imaxe da vila para os veciños de Ribadeo e tamén para quen nos visitan”.
O portavoz do PP no Concello ribadense tamén denuncia “o mal estado en que se atopa a rúa Segundo Moreno Barcia, no barrio coñecido como Os Garitos, que está na entrada á vila e é outro exemplo representativo e xa histórico do abandono dunha zona urbana de Ribadeo. Outra proba da situación de descoido no que están moitos lugares do municipio é o mal estado do ascensor que comunica a zona da Atalaia co paseo marítimo, que está moi sucio e cheo de pintadas”.
En canto á falta de limpeza noutros espazos públicos, López Penabad pon como exemplo que “recentemente na rúa Reinante houbo depositada gran cantidade de lixo, que estivo sen recoller durante todo un fin de semana, como se pode apreciar nas fotos que aportamos. Tamén hai restos de podas de plantas tirados nas inmediaciones da estrada na zona de O Cargadeiro, debaixo da ponte dos Santos e cerca do albergue de peregrinos. Ademais existen vertederos incontrolados de residuos diversos en varios lugares, como na zona de Vilar”.
Por outra banda, o grupo municipal do Partido Popular pregunta “onde está a máquina que se utilizaba para triturar as ramas das árbores que se retiran logo de podalas”.
E, para concluír, Jesús López Penabad tamén quere saber “canto nos vai a custar aos ribadenses a restauración do bote Juanín, que estaba instalado na rotonda da zona coñecida como Os Canapés”.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



