Viveiro, 2 de decembro de 2015.- Hai uns días o Concelleiro de Facenda, sinalaba nos medios que a revisión catastral era culpa do Goberno Central do PP. Pois ben, é certo que dita revisión emana dunha normativa de ámbito estatal, pero é o Concello de Viveiro quen solicitou dita revisión, quen ten potestade de xestionar, tramitar e conxelar dito imposto. Poderíao facer noutro momento e non agora, aínda que a situación económica mellorou, aínda segue sendo delicada.
Solicitaron dita revisión conscientes da enorme inxección económica que isto lles supoñería ás depauperadas arcas municipais – sobre uns 450.000 euros extras -, o que sen dúbida lles vén moi ben para seguir malgastándoo en festas, saraos ou outras actividades improdutivas. Sen importarlles o máis mínimo as economías dos veciños, incentivar a riqueza, potenciación industrial e comercial ou a creación de emprego. É dicir políticas reais de benestar e futuro.
Se ditas economías domésticas lles preocupasen, terían dado o obrigado cumprimento ao acordo propiciado por unha moción presentada polo PP de Viveiro no Pleno de marzo do 2015, onde solicitabamos que se reducise o multiplicador local do IBI, cifrado actualmente no 0,79%, sendo o máis alto da Mariña – así por exemplo en Foz, Burela, Trabada e Lourenzá é do 0.40, en Vicedo do 0,45, en Mondoñedo do 0,50 ou en Cervo do 0,66 -. Dito acordo, aprobado por unanimidade, contemplaba realizar un estudo económico valorando dita posibilidade para o ano 2016.
Pois ben, a día de hoxe, papel mollado, nada de nada, ou polo menos o noso grupo non ten coñecemento oficial de tal circunstancia, o que demostra a inexistente vontade por parte do equipo de goberno de rebaixar dito imposto aos veciños no próximo exercicio. A nosa proposta baseábase precisamente, na previsión do importante incremento recaudatorio sinalado anteriormente e que se produciría como consecuencia da revisión catastral solicitada polo propio Concello. Este importante aumento nos ingresos por este concepto significa que os servizos municipais non estarían en risco e podería compensarse aos veciños baixando unha porcentaxe o multiplicador local, co cal seguirían existindo uns bos ingresos, pero o recibo do 2016 sería un pouco máis económico para os petos dos veciños.
Non é menos chamativo que o agora Concelleiro de Facenda, outrora nas filas de Independentes de Viveiro, defendese nunha moción anterior tratada neste mesmo Pleno de marzo 2015 un prantexamento idéntico ao noso, no que instaba ao actual equipo de goberno a revisar este tipo impositivo para tratar de adecualo a uns baremos menores para que se cinxira ás posibilidades dos veciños – por certo, esta proposta así formulada tamén se aprobou por unanimidade.
Así mesmo suscitamos con visión de futuro posibles bonificacións a sectores estratéxicos, chan industrial, locais, naves etc. Sempre cun previo estudo e coa idea de consentir o tecido económico como órganos vitais de crecemento, estabilidade e xerme evolutivo.




















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



