Foz, 4 de decembro de 2015.- Este xoves coa tradicional pegada de carteis os socialistas de Foz arrancaron una campaña electoral baseada na proximidade, no cara a cara, cos veciños e veciñas de todas as parroquias do concello.
Co fin de explicar o programa co que o PSOE concorre as eleccións do 20 de decembro, un programa pensado para recuperar a España das oportunidades, das liberdades, da xustiza social, da igualdade, o estado de benestar. Un programa para recuperar uns dereitos que todos considerabamos absolutamente intocables e o PP cercenou na pasada lexislatura.
Queren explicar que si Pedro Sánchez alcanza a Presidencia do Goberno de España ten o firme compromiso de derogar a nefasta reforma laboral do PP, que non trouxo mais que perdidas de dereitos dos traballadores e traballadoras, baixadas de salarios, emigración e precariedade, de eliminar os copagos sanitarios, revitalizar a lei de dependencia, de derogar a LOMCE e facer das becas un dereito…etc
Faranse mitins, empezando este domingo, os seguintes días e lugares:
Domingo 6: San Martiño, teleclub ás 12,00h e Cordido, escola, ás 18’30h.
Luns 7: Vilaronte, local da asociación O Castro ás 19’30h.
Martes 8: Cangas, Centro Cívico, ás 19’00h.
Mércores 9: Santa Cilla, Centro Social, ás 20’00h.
Venres 11: Barrio de Marzán, Local Social, ás 20’00h.
Sábado 12: Fazouro, escola, ás 19’00h.
Domingo 13: Nois, Centro Cívico, ás 19’00h.
Luns 14: San Acisclo, escola, ás 20’00h
Martes 15: Foz, Sala Bahía.
Convidan desde o PSdeG-PSOE de Foz a todos os veciños e veciñas a acompañarnos na lexislatura da igualdade, o progreso e avance nos dereitos que solo pode vir da man do PSOE, construíndo un futuro para a maioría e non só para uns poucos privilexiados coma nos catro últimos anos de goberno do PP.
Tamén aproveitarán para contarlles aos veciños e veciñas como vai a vida municipal, na que que nos últimos tempos están riba da mesa temas tan candentes coma o IBI e o Catastrazo, por exemplo, respondendo a calquera pregunta que os asistentes queiran formular.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



